in

O Auditorio Municipal de Ourense ofrece 15 espectáculos como socio da Rede Galega de Teatros

AnimalSagradoAporia |

O Auditorio Municipal de Ourense ofrecerá ata finais de decembro 15 funcións doutros tantos espectáculos de teatro para público adulto e infantil, como parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA).

Así quedou recollido no convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Ourense, que foi asinado en Santiago de Compostela por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, e Mario González, concelleiro de Cultura da cidade das Burgas.

No documento detállase a carteleira deseñada para o público do auditorio ourensán, con especial atención nas fins de semana aos espectadores de máis curta idade. A primeira das citas tivo lugar o pasado sábado día 12, coa montaxe Cronopios a cargo de Títeres Cahirulo, unha comedia de enredo na que máis de 40 marionetas recrean a obra de Julio Cortázar.


Publicidade

Completarán a actividade da RGTA no Auditorio Municipal de Ourense Producións Dispersas con Todas as marabillas do mundo (20 de outubro), Teatro do Noroeste con Animais de compañía (27 de outubro), Malasombra Producións con Bernarda (31 de outubro), Desafora2 con No hay papel (3 de novembro), Teatro da Ramboia con O meu mundo non é deste reino (7 de novembro), Fantoches Baj con Os romeiros do caracol (10 de novembro), Aporía Escénica con Animal sagrado (17 de novembro), Viravolta Títeres con Contos ao pé da cama (24 de novembro), Artesa Cía con Chola a It Girl (28 de novembro), Baobab Teatro con Mai Mai (15 de decembro), Contraproducións con Commedia (19 de decembro), A la Sombrita Teatro de Títeres con El tesoro de la barracuda (27 de decembro) e Teatro de Marionetas Trécola con The Piccole Theatre (29 de decembro).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

InspectorMuxicas |

O ciclo de teatro amador Alter Ego volve a Rianxo

Angel Suarez

Ángel Suárez, fundador da compañía Títeres Larderos, recibirá o Premio Galicreques