in ,

O ciclo de teatro amador Alter Ego volve a Rianxo

|

Hoxe comeza en Rianxo a cuarta edición da mostra de teatro afeccionado Alter Ego, un ciclo organizado e promovido pola compañía local Criaturas. Esta edición presentará oito funcións nas que alternan espectáculos para público familiar e para adultos.

A Mostra comezará ás 18:00 con Xarope Tulú e a súa Estrafalaria, na Biblioteca Municipal. Ás 21:00, no Auditorio, Muxicas, unha compañía composta por actrices e actores invidentes e pertencente á ONCE, representará a súa versión da obra de Gogol O inspector.

Mañá sábado a mostra comeza cunha sesión de contacontos a cargo de Celtia Figueiras, ás 12:00, na Biblioteca. Ás 18:00, tamén na Biblioteca, haberá un espazo de regueifas. E ás 21:00, no Auditorio, a Agrupación Teatral Mariñán presentará o seu espectáculo Insania.


Publicidade

Xa o día 25, o Estudio de Teatro CasaHamlet traerá a súa Xente de pálida pel ao Auditorio, ás 21:00.

A mostra rematará o día 26 con dúas funcións: ás 12:00, na Biblioteca, sesión de contacontos a cargo de Miguel Alonso e, ás 21:00, no Auditorio, Cardume Teatro representará Tía Anita y su fantasma.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Chicaechicossoldeyork |

‘Chicas e chicos’, de Dennis Kelly, estréase en castelán no FIOT de Carballo

AnimalSagradoAporia |

O Auditorio Municipal de Ourense ofrece 15 espectáculos como socio da Rede Galega de Teatros