in

Ángel Suárez, fundador da compañía Títeres Larderos, recibirá o Premio Galicreques

Angel Suarez
Ángel Suárez recibirá o galardón este domingo, 20 de outubro, no Teatro Principal de Compostela, xusto antes da función de Desde el azul, da compañía Gaia Teatro, prevista para as 20.30.

 

Este ano concédese o Premio Galicreques a Ángel Suárez, fundador da compañía manchega Títeres Larderos, quen percorreu numerosos festivais e programacións realizando unha continuada e futífera tarefa a prol do teatro de monicreques, sempre co decidido apoio e colaboración de Mari Carmen Jacob e Carlos Suárez.

O seu labor como colaborador infatigable da Unión Internacional da Marioneta, UNIMA, ou como promotor, desde o seu posto como residente da Asociación Conquense de Amigos del Teatro –un dos colectivos, desde a súa fundación nos inicios dos setenta, de máis longa continuidade permanencia da vida cultural conquense– das sucesivas edicións de Titiricuenca que, en alternancia coa Bienal Internacional de Teatro de Actor, BITA, tamén xestionada por esa asociación e por tanto por el, fan pasar cada dous anos pola capital conquense ao mellor do mundo do monicreque e o guiñol, ademais de organizar os chamados Sábados de Títeres en Cuenca.


Publicidade

Con este premio, o Festival Galicreques quere destacar a importancia deste querido titiriteiro e xestor, pola súa entrega e o seu entusiasmo polo monicreque e o teatro dende que cofundou a compañía Títeres Larderos en 1986. Ángel Suárez recibirá o galardón este domingo, 20 de outubro, no Teatro Principal de Compostela, xusto antes da función de Desde el azul, da compañía Gaia Teatro, prevista para as 20.30 h.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AnimalSagradoAporia |

O Auditorio Municipal de Ourense ofrece 15 espectáculos como socio da Rede Galega de Teatros

TorreDeBermudez |

XXI Xornadas de homenaxe a Valle Inclán na Pobra do Caramiñal