in

Matarile presenta ‘Los limones, la nieve y todo lo demás’ no TRCDanza da Coruña

LimonesMatarile |
O vindeiro xoves 31 de outubro, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e dentro da programación do programa TRC Danza, Matarile presentará a súa creación Los limones, la nieve y todo lo demás. | Foto: Edición Rusa |

 

Na longa e intensa traxectoria de Matarile Teatro puidemos disfrutar da creadora e bailarina Mónica García como parte de moitos dos seus espectáculos pero non é ata Los limones, la nieve y todo lo demás que chegamos a unn traballo en coautoría entre a bailarina asturiana e a dramaturga galega Ana Vallés, arroupadas pola iluminación, espazo e son en tempo real de Baltasar Patiño e pola mirada como asistente de dirección de Ricardo Santana.

Como en moitos dos traballos de Matarile Teatro –a compañía formada por Ana Vallés e Baltasar Patiño– as referencias a outros autores inundan o proceso de creación. Roberto Bolaño, Josep María Esquirol, Jacques Mayol,  María Muñoz, Friederich Nietzsche, Slavoj Zizek ou Henry David Thoreau son algúns dos nomes que planean sobre esta peza.


Publicidade

Suliñan as autoras sobre que é a tentación de deixalo todo e largarnos correndo a outro lugar. Que é o desexo persistente de atravesar a fantasía e os feitos reais das nosas personaxes inventadas. E que quizais por evitar o regreso dilatamos a partida, e mentres, escoitamos as palabras do tolo ou abrazamos a beleza, con mala conciencia. Que disfrutemos deste día perfecto.

Matarile Teatro é unha das compañías de referencia no teatro contemporáneo desde hai máis de 30 anos. Desde a súa creación en Santiago de Compostela en 1986 foi desenvolvendo unha linguaxe artística e estilo propios, poñendo en escena máis de 30 espectáculos cos que alcanzaron máis de vinte premios e mencións en distintos puntos de Europa. Pola súa parte, Mónica García é unha actriz, bailarina e coreógrafa asturiana, Premio do Xurado no Certamen Coreográfico de Madrid e que goza dunha longa e prestixiosa traxectoria, tanto en solitario como con outras compañías.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MartaPazosAmnesia |

Marta Pazos dirixe a primeira ópera galega de gran formato do século XXI

VAO SusanaChico |

O CCVF de Guimarães presenta ‘Vão’, de Erva Daninha