Deborah Vukusic estrea hoxe, ás 21:00, no Auditorio Municipal de Vigo, Guerra de identidade. A obra, unha adaptación dun seu poemario do mesmo nome, estará dirixida por Avelino González.
Obsesionada coa figura ausente e controvertida do pai, deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns, unha muller, metade galega, metade croata, narra a viaxe que traza para coñecer á súa familia. Facendo ao espectador confidente e cómplice de segredos inconfesables e cun pano de fondo que danza entre guerras históricas e conflitos individuais, a protagonista dá conta da batalla que emprende na busca de si mesma, debaténdose entre o dramático e o cómico, o testemuño e a imaxinación, e a memoria persoal e a colectiva.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



