Deborah Vukusic estrea hoxe, ás 21:00, no Auditorio Municipal de Vigo, Guerra de identidade. A obra, unha adaptación dun seu poemario do mesmo nome, estará dirixida por Avelino González.
Obsesionada coa figura ausente e controvertida do pai, deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns, unha muller, metade galega, metade croata, narra a viaxe que traza para coñecer á súa familia. Facendo ao espectador confidente e cómplice de segredos inconfesables e cun pano de fondo que danza entre guerras históricas e conflitos individuais, a protagonista dá conta da batalla que emprende na busca de si mesma, debaténdose entre o dramático e o cómico, o testemuño e a imaxinación, e a memoria persoal e a colectiva.
- Estrea e homenaxe en Culturgal. A ESPERA DO BALEIRO de Xián Martínez e Companhia de Dança de Almada - 27/11/2026
- Iván Caloto, Fernando Castro Paredes, Carlos Losada e José Luis Baños gañan os premios de literatura dramática da Agadic - 27/11/2026
- ‘Libres!!!’ gaña o Premio do Público da 35ª edición do FIOT - 27/11/2026



