in

As Xornadas Profesionais de Escena Galega abren hoxe a Culturgal

Culturgal |
As xornadas reflexionarán sobre os distintos modelos de unidades de produción públicas con representantes do Teatre Nacional de Catalunya, o Centro Andaluz de Teatro ou o Teatro Arriaga Antzokia de Bilbao.

 

Culturgal comeza, a partir das 10:00, coas Xornadas Profesionais Escena Galega, que este ano se desenvolve baixo o lema Teatros nacionais, centros dramáticos e unidades de produción públicas: distintos modelos de xestión. Os participantes e os relatores das xornadas partillarán coñecementos para a mellora nas posibilidades de xestión dentro do sector escénico profesional en tres modelos institucionais moi diferentes: teatro nacional, centro dramático e unidade de produción pública no ámbito local.

Os participantes e os relatores das xornadas partillarán coñecementos para a mellora nas posibilidades de xestión dentro do sector escénico profesional en tres modelos institucionais moi diferentes: teatro nacional, centro dramático e unidade de produción pública no ámbito local. As xornadas estruturaranse en tres bloques que seguirán a configuración dunha introdución realizada polos relatores á que seguirá unha quenda de preguntas e debate co público asistente.

Inaugurarán a xornada Jacobo Sutil (director da AGADIC), Víctor López (presidente da Asociación Culturgal) e Belén Pichel (presidenta de Escena Galega), que darán paso a partir das 10:45 a Mónica Campos (directora executiva do Teatre Nacional de Catalunya) que, acompañada do vicepresidente de Escena Galega, falará da xestión, estratexias de produción, distribución e actividade no TNC, centrádose na formación, exhibición, coprodución e relación cós públicos.

A partir das 11:30 Pedro Álvazez-Ossorio (director de La Fundición de Sevilla e ex- director da Unidade de Produción do Centro Andaluz de Teatro) abrirá, acompañado do tesoureiro de Escena Galega, a segunda das mesas, que versará sobre o modelo desaparecido do Centro Andaluz de Teatro, o seu modelo de xestión, as consecuencias para o sector e os retos para o futuro.

Tras a pausa do café, ao redor das 12:45, Andoni Olivares (director de programación do Teatro Arriaga Antzokia de Bilbao) acompañado pola directora da asociación, reflexionará sobre o modelo da unidade de produción pública de artes escénicas a nivel local partindo do caso do propio Teatro Arriaga.


Publicidade

As xornadas rematarán cunha rolda final de peche e conclusións ao redor dos tres modelos analizados.

 

Outras citas de interese para hoxe na Culturgal

  • A Rede Galega de Salas está formada pola Sala Ártika (Vigo), a Sala Gurugú (A Coruña), a Sala Ingrávida (O Porriño), o Teatro del Andamio (A Coruña) e o Teatro Ensalle (Vigo). Son os cinco espazos escénicos de titularidade privada que conforman a Rede Galega de Salas, un circuíto especial de distribución de espectáculos que promove a Agadic e desde o que se está a realizar un interesante e continuado labor de difusión cultural cara ao público. Jacobo Sutil, director da Agadic, Fernanda Barrio (Sala Ártika), Carlos Clemente (Sala Gurugú), Pedro Fresneda (Teatro Ensalle), Álex Sobrino (Sala Ingrávida) e Gema Ulloa (Teatro del Andamio) presentarán o seu labor ás 13:30.
  • Ás 13:30, no Espazo Arte Contemporánea, desenvolverase a performance A última cea, de Uxía Morán, que fai parte do programa de igualdade “Mulleres en acción. Violencia zero” da Deputación de Pontevedra.
  • Haberá novidades nos orzamentos e na tipoloxía da liña de subvencións á creación escénica 2020. Ás 16:30, no Salón de Actos, Jacobo Sutil, responsable da AGADIC, e Belén Pichel, presidenta de Escena Galega, presentaranas ao público.
  • Ás 20:30, no Espazo Foro do Pazo da Cultura de Pontevedra, preséntase na Culturgal o proxecto Mundo Escénico, unha plataforma dixital aberta que nace co obxectivo de “modernizar, democratizar e impulsar o mundo das artes escénicas en Galicia”. Esta plataforma dá soporte a unha comunidade que conta con ferramentas e servizos de valor engadido no ámbito do teatro, a música, a danza e o folclore para difundir información, conectar os diferentes axentes das artes escénicas e facilitar a procura de sinerxias, ofertar servizos profesionais e formacións específicas das artes escénicas, facilitar a programación aos xestores culturais de forma equitativa dentro da comunidade e recopilar información e recursos de interese no eido escénico.

O programa completo pode consultarse aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ViaxeCaraAoDesastre |

Julio Fer e a Escola de Teatro Xerpo presenta na sala Ingrávida ‘Viaxe cara ao desastre’

Fang |

A compañía Animal Religion presenta ‘Fang’ no encontro de circo D10!