PUBLICIDADE

Poderá verse o vindeiro domingo día 1, ás 18,00 h., dentro da cuarta edición deste foro de formación e innovación no ámbito circense que organiza Pistacatro en colaboración co CDG.

 

O espectáculo Fang, da compañía circense Animal Religion, poderá verse este domingo día 1 no Salón Teatro de Santiago, que retomará así a súa actividade escénica tras un mes maioritariamente dedicado ás proxeccións do festival Cineuropa. A función, que terá lugar ás 18:00, insírese na programación da cuarta edición do Encontro de Formación e Innovación no circo D10!, que organiza Pistacatro en colaboración co Centro Dramático Galego (CDG), entre outras entidades.

A compañía, fundada e dirixida polo artista catalán Quim Girón, chega a Galicia cun espectáculo polo que en 2017 obtivo o premio especial da revista de circo e artes circenses Zirkolika, recoñecemento que se suma a outros destacados galardóns obtidos polas súas anteriores montaxes, coas que ten actuado por toda Europa e por Asia.

Neste caso, Fang reflexiona arredor da unión da terra e o corpo humano a través da manipulación do barro en escena, articulando unha proposta chea de formas e esculturas únicas durante a que corpo e barro acabarán sendo un todo e transformando por completo a expresión do artista. O propio Quim Girón é o creador e intérprete desta peza, con múisca de Joan Cot e iluminación de Joana Serra.

Ademais desta función na sede do CDG, o foro D10! ofrécelles aos profesionais do circo tres obradoiros no Centro Sociocultural do Romaño, tamén en Santiago. O primeiro deles é o que está a impartir desde o pasado martes Pepa Gil baixo o título O traballo de mesa nos procesos creativos, ao que seguirán a semana que vén Malabar creativo. O movemento orgánico nos malabares con Stephan Sing e Experimentación acrobática e experimentación persoal con Xavi Sánchez.

As entradas para asistir a este espectáculo poderán adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro o propio domingo desde dúas horas antes do inicio da función a un prezo único de 6 euros. Ademais, xa están á venda na web entradas.abanca.com as localidades para Se fosen turistas levarían gafas de sol, coprodución de Limiar Teatro, Crémilo e o Centro Dramático Galego que se estrea o 12 de decembro na sede da compañía pública, onde poderá verse ata o día 21.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Relacionado

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos