in

Carmen Conde presenta ‘Tabú’ na Culturgal

TabúCarmenConde |
Carmen Conde presenta hoxe, na Culturgal, o seu espectáculo Tabú, nunha xornada na que tamén se desvelará o programa da vindeira edición de Escenas do Cambio e na que se poderá ver o filme Eroski Paraíso, entre outras moitas actividades.

 

Hoxe ás 13:30, na carpa da Culturgal, Carmen Conde presentará Tabú, un espectáculo estreado en decembro de 2018 que nace das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Val Miñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto, sobre a súa vida erótica e sexual na mocidade.

Trátase dun espectáculo de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, secretismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son alicerce da terra, as que poden explicar o que somos agora nosoutras: fillas do Tabú.

Publicidade

Un tendal para poñer ao clareo todas as intimidades.

A obra conta co deseño, iluminación e escenografía de Neves Seara e co traballo de Avelino González como asesor de escena.

 

Outras citas de interese para hoxe na Culturgal

  • Ás 12:30 presentarase o catálogo de compañías asociadas 2020-2021 a Escena Galega. Unha ferramenta básica para a promoción e visibilización das artes escénicas profesionais galegas, asociadas no colectivo referente de sector en Galicia.
  • O programa de Igualdade “Mulleres en acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra pon o foco sobre a tremenda lacra da violencia machista que azouta cada día a nosa sociedade. Para iso, promove accións escénicas en espazos singulares. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, a deputada de Cultura, Victoria Alonso, e a comisaria do programa, Paula Cabaleiro presentarán o programa ás 18:30 no Espazo Arte Contemporánea.
  • Escenas do Cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción que organiza Cidade da Cultura co comisariado de Pablo Fidalgo, chega á súa sexta edición: unha nova cita na que gozar das propostas máis vangardistas da escena galega, nacional e internacional. Unha edición que ademais explora na idea de percorrido, de camiño, de peregrinación, achegando a súa programación ao Xacobeo 2021. Presentarase ás 19:00 no Espazo Arte Contemporánea.
  • Despois dos pases previos no Festival de Cans e en Cineuropa, ás 19:00, no Salón de Actos, poderemos ver a longametraxe Eroski Paraíso dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron a partir da obra homónima da compañía Chévere. A historia de Eva, Antonio e a sala Paraíso na ollada da súa filla Alex. Un luxo poder descubrir a película días antes da súa chegada ás salas comerciais, o vindeiro 13 de decembro. Asistirán Xesús Ron e Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, actriz e actor protagonistas.

O programa completo pode consultarse aquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fang |

A compañía Animal Religion presenta ‘Fang’ no encontro de circo D10!

FullHouseManuelLemos |

Profesionais da danza esixen que se manteñan os orzamentos para o Centro Coreográfico Galego