in

A lenda de Inés de Castro, no Teatro Nacional São João do Porto

ReinarDepoisDEMorrer |
Hoxe chega ao Teatro Nacional São João do Porto, Reinar depois de morrer, de Luís Velez de Guevara, unha obra que trata a lendaria historia da nobre galega Inés de Castro, amante do futuro rei Pedro I de Portugal que foi executada polo pai deste, Afonso IV. A obra, unha coprodución da Companhia de Teatro de Almada e a Compañía Nacional de Teatro Clásico española, permanecerá en cartel ata o día 7. Hoxe e mañá ás 22:00 e o sábado ás 21:00.

 

A figura de Inés foi motivo de recreación e lenda ao longo da historia. A través de numerosos textos literarios chegou a imaxe na que Pedro I ordena á nobreza beixar a man de Inés morta, vestida con galanuras de raíña como símbolo de fidelidade e vasalaxe, antes do seu soterramento. Co tempo, Pedro ordena esculpir o que será o seu propio túmulo na Alcobaça. Coa súa morte en 1367, procedeuse a colocar ambos túmulos pés contra pés, para que, na resurrección tras o Xuízo Final, o primeiro que visen, home e muller, fose o rostro un do outro.

A lendaria e tráxica historia de amor de D. Pedro e a galega Dª Inês de Castro segue a ser fonte de inspiración artística e literaria e punto de encontro entre Galicia e Portugal. Deu lugar a unha rica liñaxe artística ao longo das épocas, non só en Portugal. Despois de García de Resende (no Cancioneiro Geral, 1516), Camões (no Canto III de Os Lusíadas, 1572) e sobre todo de António Ferreira (en Castro, 1587), o dramaturgo español Luis Vélez de Guevara (1579-1644) tratou o tema en Reinar depois de morrer (1635), peza en tres actos que recupera a Compañía de Teatro Almada, nunha adaptación de José Gabriel Antuñano e con dirección de Ignacio García.


Publicidade

O texto de Guevara, unha das comedias máis representativas do chamado século de ouro do teatro español, publicouse por primeira vez en Portugal en 1652. Con tons intensamente líricos, a obra encena este famoso episodio histórico, no que a razón do estado -a o que hoxe se pode chamar razón politicamente correcta- oponse e sobreponse ao amor e á liberdade individual. Centrado en como esta oposición se agudiza nas catro personaxes principais, moldeando as súas accións, dilemas e sufrimentos, Reinar depois de morrer invita ao espectador a reflexionar sobre un tema perenne, o da “supremacía das conveniencias sobre o individuo -sempre máis fráxil – que as cuestiona”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

theater filephoto |

Convocadas as axudas a salas de artes escénicas de titularidade privada

Premios |

Convocados os premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde