in

A Compañía IO estrea o seu último espectáculo na sala Ártika de Vigo

EspidaIO |
A compañía IO estrea, o vindeiro xoves, 6 de febreiro, na sala Ártika de Vigo, un novo espectáculo, Espida. A obra seguirá en cartel na mesma sala o venres 7 e o sábado 8, sempre ás 21:30.

 

Interesada na investigación das posibilidades do novo circo, a compañía procura, nesta peza, un diálogo entre diferentes poéticas e xeitos de achegarse ao feito teatral.

Xirando arredor da idea de xénero desde os conceptos de normalidade ou non-normalidade, Espida é unha viaxe a través do non binario, das posibilidades que os corpos ofrecen, do desexo, da soidade, da vulnerabilidade e da fortaleza. Os corpos circenses, fóra do seu espazo de confort, ofrécense a transitar os lugares do posible.

Para Espida, a compañía Io conta coa dirección de AveLina Pérez, a coreografía de Nuria Sotelo e a iluminación de Laura Iturralde. O elenco estará formado por Beatriz Rubio, Alvaro Reboredo “Fitinho” e Alfredo Pérez Muíño.

 

A compañía


Publicidade

IO xorde como proxecto profesional de dous artistas multidisciplinares, Álvaro Pérez e Álvaro Reboredo “Fitinho”, que unen as súas habilidades na procura dunha nova forma de expresión artística na que se fusionan artes como a danza acrobática, a música ou o teatro xestual.

O primeiro contacto entre estes dous artistas foi no 2009 na Escola de Circo Carampa, berce de importantes espectáculos e proxectos culturais. Só dous anos despois xa levaban a cabo o seu primeiro proxecto xuntos, a xira de Circus Revolution do Circo dos Muchachos, unha recoñecida compañía que regresou á actividade despois de moito tempo ausente dos circuítos culturais.

Unha vez concluída a súa experiencia na agrupación galega, deciden iniciar un novo proxecto, nesta ocasión propio e baixo o nome de Suitcase Circus. Nel reuniron artistas de diversas disciplinas co obxectivo de reinventar espectáculos de rúa a través da creatividade, fusionando estilos e ofrecéndolle ao público unha perspectiva diferente á que cre estar vendo. Sorprender, divertir, emocionar son os tres valores que dende entón axitan a inquietude artística desta formación.

Esta dualidade de experiencias profesionais toma a súa forma definitiva en Compañía IO e comunica co espectador a través da linguaxe universal dos sentimentos e as emocións, nun diálogo que xorde dende o movemento do corpo e da súa interacción co mundo.

A Compañía IO vén de recibir o Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa no último Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño, polo seu espectáculo Catro segundos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

theater 105574 |

II Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León

XI Encontro Betanzos |

Comeza o XI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos