II Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León

Co obxectivo de estimular a escrita teatral no ámbito amador e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a PLATTA (Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador constituída pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Castela-León, a TEIA/Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana e a Revista Galega de Teatro), convócase o II Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León 2020. O prazo para o envío de orixinais está aberto ata o 16 de febreiro para todas as persoas interesadas, coa única condición de presentaren o seu traballo en castelán.

As obras, de temática libre, serán completamente inéditas e terán unha extensión de 5 a 10 páxinas. O material deberá enviarse por correo electrónico a premiosplatta@erreguete.gal en formato pdf (DIN A4, letra Times New Roman 12) e con marxes de 3 cms. (superior e inferior, dereita e esquerda). O texto levará no seu inicio o TÍTULO (sen indicar a autoría), que aparecerá tamén no asunto do correo. Do mesmo xeito, noutro correo electrónico que levará como asunto TÍTULO DO TEXTO – AUTORÍA, xuntarase un documento no que figure o TÍTULO DO TEXTO e AUTORÍA (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico).

O texto gañador será levado á escena nos obradoiros de lecturas dramatizadas en tres linguas dentro do programa de actividades do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador organizado pola Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León que terá lugar en Zamora os días 20, 21 e 22 de marzo de 2020. A peza premiada será publicada en galego, castelán e portugués pola erregueté dentro da colección dedicada á PLATTA. Cada autor ou autora premiada será agasallado con 15 exemplares do caderno.

O xurado estará formado por un secretario con voz e sen voto designado pola organización e tres persoas relacionadas co mundo teatral. A composición do xurado farase pública no momento de se producir o seu ditame. O xurado actuará en pleno, en sesión única e o seu ditame será inapelable.

O xurado terá de prazo 10 días a contar desde o peche do prazo para comunicar a súa decisión, que se dará a coñecer á prensa e aos premiados.

 

Bases – galego

Bases – português

Bases – castellano

Deixar unha resposta