in

Redondo, de Caramuxo Teatro, na 1ª edición de “Bebés a escena” de Sevilla

Redondo de Caramuxo Teatro

Redondo, da compañía Caramuxo Teatro, é un dos tres espectáculos seleccionados na primeira edición de “Bebés a escena”, certame de teatro para bebés que organiza o Teatro TNT de Sevilla. A obra de Caramuxo será programada o sábado 15 de febreiro.

Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día , na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.


Publicidade

Os outros dous espectáculos que se programarán en “Bebés a escena” son Latidos, da compañía madrileña Okinawa (8 e 9 de febreiro) e La colina y la roca, de Tolón Tell On, de Alicante (16 de febreiro).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CurvaEspaña011 |

Miguel de Lira obtén o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva

encontro videodanza |

II Encontro de PRIMEIRA_Encontros coa videodanza, na Coruña