in

Comeza o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario de Compostela

XXVIFestivalTeatroUniversitarioCompostela |

A peza En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic, da compañía da USC servirá mañá, luns 10 de febreiro, ás 21.00, de punto de partida para o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario. O Salón Teatro será a sede deste ciclo que se estenderá ata o venres 14.

A obra A illa, da compañía lituana Teatras Studija Palėpė, ocupará a sesión do martes 11. O mércores será a quenda da Aula de Teatro da Universidade de Almería con Nana; e o xoves 13, a peza Doentum imaxinaribus correrá a cargo da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Teatrubi da Universidade da Beira Interior en Portugal pechará este certame, o venres 14, coa obra Cântico negro.


Publicidade

Todas as sesións desenvolveranse no Salón Teatro, a partir das 21:00. A entrada é de balde previo paso pola billeteira que se abrirá ao público a partir das 19:00.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Dispersas |

Producións Dispersas celebra o Entroido en Londres

OsNenosDaVaríola |

A compañía Pérez & Fernández estrea ‘Os nenos da varíola’ en Compostela