in

O Premi Born de Teatre, galardoado co Ramón Lull de Balears

PremiBorn |
É o único premio de teatro que aparece traducido nas catro linguas oficiais do estado español: galego, euskera, catalán e castelán. A erregueté | Revista Galega de Teatro é a encargada, dende 2006, de publicar a obra gañadora na súa versión en galego.

 

O Consell de Govern de Illes Balears aprobou o pasado venres a concesión dos premios Ramon Llull 2020, que se entregan co gallo do Dia de les Illes Balears. Un dos galardoados é o Premi Born de Teatre que entrega o Cercle Artístic de Ciutadella de Menorca, en recoñecemento “aos máis de corenta anos de convocatoria deste galardón, un dos máis importantes do Estado español”.

O Premio Ramon Llull é unha distinción que ten por obxecto honrar e distinguir, de xeito individual ou colectivo, as persoas físicas ou xurídicas que destacan dentro do territorio das Illes Balears polos servizos prestados nos ámbitos cultural, deportivo, xurídico, empresarial, cívico, humanitario, de investigación, do ensino e lingüístico”.

 

Premi Born de Teatre

Nace en 1970 en Ciutadella da man do Círculo Artístico de Ciutadella de Menorca, unha entidade sen ánimo de lucro que, fundada o 16 de abril de 1881, é a entidade cidadá máis antiga da illa de Menorca e a segunda da comunidade autónoma das Illes Balears.


Publicidade

Entre a diferentes iniciativas e actividades que organiza o Círculo Artístico hai que destacar a das artes escénicas e o fomento e a difusión do teatro. Un obxectivo que culmina coa organización do Premi Born de Teatro, un dos máis prestixiosos premios de textos teatrais do Estado.

O premio xorde coa vontade de promover e estimular a creación literaria nun sentido amplo, aínda que en anos posteriores á súa creación se corrixe o seu enfoque e empeza a centrarse principalmente en galardoar un texto teatral. O Círculo Artístico de Ciutadella partía xa dunha tradición teatral indubidable grazas a dispoñer dun espazo escénico patrimonial excelente: o Teatro des Born.

Na actualidade o Premi Born de Teatro consegue unha participación próxima ás duascentas obras de procedencia moi diversa, cun incremento paulatino de participación internacional.

O Premi Born é o único premio de teatro que aparece traducido nas catro linguas oficiais do estado español: galego, euskera, catalán e castelán. A erregueté | Revista Galega de Teatro é a encargada, dende 2006, de publicar a obra gañadora na súa versión en galego. Esta circunstancia é sen dúbida un valor engadido para un galardón que xa está considerado como un dos máis prestixiosos e mellor dotados economicamente.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Bases do Premio Abrente

Convocado o XV Premio Abrente de Textos Teatrais

Oliver Laxe

Oliver Laxe compartirá os seus coñecementos sobre guión na ESAD de Galicia