A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia vén de convocar o Premio Abrente, co que inicia unha serie de actividades para visibilizar e poñer en valor a creación dramática galega actual. “O consolidado Premio Abrente e a súa edición en Difusora veñen a ser a plataforma de estímulo á escrita teatral máis innovadora segundo a crítica especializada” apunta a organización da Mostra.
Na última edición, o Abrente foi para José Luis Baños de Cos, coa obra Asfixia, que está en proceso de edición. Mentres tanto, a MIT está a preparar un calendario de presentacións da obra O día no que bicar a terra, da dramaturga Avelina Pérez, gañadora da edición de 2018, e que comezará no vindeiro mes de marzo na sala Ensalle de Vigo. Tamén está previsto abrir un blog sobre dramaturxia galega actual, ao que se poderá acceder dende a web da MIT.
Poderán optar ao premio pezas orixinais ata o próximo día 20 de xuño. O premio son 3.500 euros, a edición da peza e o apoio para a súa escenificación de ser o caso. As obras deberán presentarse por triplicado na Casa do Concello de Ribadavia.
Pódense consultar as bases aquí.
- O Centro Ágora da Coruña acolle a I Mostra do Programa de Acompañamento á Creación Escénica (PACE) - 31/07/2026
- NOGA organiza a primeira edición das súas xornadas formativas de narración oral - 30/07/2026
- O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de Paula Quintas, VACAburra e SÖA - 28/07/2026



