in

Artistas Unidos recuperan a Noël Coward no Sá de Miranda de Viana do Castelo

VidasIntimasArtistasUnidos |
Vidas Íntimas, de Noël Coward, chega ao Teatro Municipal Sá de Miranda, en Viana do Castelo. A peza será representada por Artistas Unidos, de Lisboa, este sábado, 15 de febreiro, ás 21:30. O elenco do espectáculo conta con Isabel Muñoz Cardoso, Rita Durão, Rúben Gomes, Tiago Matias e Vânia Rodrigues.

 

A peza recupera un texto de Noël Coward que constitúe, como o director Jorge Silva Melo describe: “unha das mais crueis análises das realcións matrimoniais”. Coward foi un dos autores mais representados no mundo anglosaxón durante as décadas de 1920 e 1930, logo ignorado, máis tarde recuperado (Harold Pinter, nun xesto de homenaxe, dirixiulle unha peza no National Theatre, en 1976), sendo hoxe dunha actualidade incontestable

No rexistro de traxicomedia, a obra foi escrita en só tres días polo dramaturgo británico e transformouse no seu máis duradeiro éxito de crítica e billeteira. Vidas Íntimas transpórtanos até a vida privada e as tonalidades e contrastes que se lle asocian ao autor: o brillo e a opacidade da linguaxe, as alegrías e as mágoas do casamento e do divorcio, os casais que non son felices xuntos nin separados ou as luces que se apagan cando acaba o champaña.


Publicidade

O universo de Coward, e este texto en concreto, é “epicamente leve” mais non lixeiro e a súa frivolidade ten o poder de nos inquietar –un desasosego que, segundo Philip Hoare, se traduce nun “divertimento sombrío” que nos fai rir tanto que nos esquecemos de chorar. “Malia toda a brillantez cómica, Coward pode ter sido un dos maiores tráxicos da súa época”, engade o biógrafo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CartazCangas2020 |

A Mostra de Cangas amplía súa 37ª edición ata os 15 días

Bases do Premio Abrente

Convocado o XV Premio Abrente de Textos Teatrais