in

O I Congreso Internacional do Teatro Galego completa o seu programa

workshop 1746275 1920 |
Xa se poden descargar do sitio web do Congreso os libros de Conferencias e de Comunicacións, que servirán de base para debater sobre o sistema teatral de Galicia e sobre o seu futuro.

 

O I Congreso Internacional do Teatro Galego, que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, do 25 ao 28 de marzo, xa completou o seu programa e comezou a publicar na súa páxina web (https://congresodoteatro.gal) algunhas das comunicacións, relatorios e conferencias que se lerán durante o seu desenvolvemento, como punto de partida para o posterior debate das principais liñas temáticas que se tratarán: “Experiencia, actualidade e modelos externos”, “O teatro e os públicos” e “A creación e os seus procesos”.

O Congreso ten un duplo obxectivo: por unha banda, analizar o pasado e o presente do teatro galego a través de comunicacións, mesas redondas e sesións plenarias dende unha perspectiva académica que contribúa a un mellor coñecemento do sistema teatral de Galicia. Por outra, deseñar, a través do debate, os principios teóricos que deben guiar a creación dun plan estratéxico e dunha lexislación que ampare a creación e distribución escénica para a vindeira década. Equilibraranse así dúas perspectivas –académica e política– para deseñar o futuro do teatro galego.

 

Tres grandes ámbitos temáticos

Deste xeito, “Experiencia, actualizade e modelos externos” abrirase cunha conferencia de Cristina Domínguez, vicedirectora da Escola superior de Arte Dramática de Galicia, vicedirectora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e ex directora do Centro Dramático Galego, ademais de directora de obras como Tio Vania, de Factoría Teatro, O regreso ao deserto, do CDG ou As do Peixe, de Abrapalabra; “O teatro e os públicos” por parte de Domènec Reixach, actor, director e xestor teatral, ex director do Centro Dramático da Generalitat de Catalunya e do Teatre Nacional de Catalunya, fundador do Teatre Lliure e “Chevalier des Arts et Lettres” en Francia; e “A creación e os seus procesos” será impartida por Carme Portacelli, Licenciada en Historia del Arte, Directora de escena, exdirectora del Teatro Español de Madrid, Vicepresidenta de la Academia de las Artes Escénicas de España, e Directora Artístca da FEI.

Unha ducia de Mesas de Traballo debullarán temas como A experiencia acumulada; Retos actuais; Modelos externos; A creación e o público; Distribución; Difusión e formación; Teatro Afeccionado; Teatro de Monicreques; Produción e xestión; ou Creación, xestión e público. Unha vintena de comunicacións particulares, por outra banda, analizarán cuestións como a deontoloxía na profesión teatral, o emprendemento, as aulas universitarias de teatro, a tradución de textos teatrais, os procesos colaborativos ou a dramaturxia actual, entre outros.

Nestas mesas de traballo participarán coñecidos profesionais do teatro como Manuel Guede, Eduardo Alonso, María Armesto, Xesús Ron, Tito Asorey, Vanesa Sotelo, Santi Prego, Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, Laura Míguez, Xulio Lago, Luma Gómez, Rosa Puga ou Isabel Rey; persoas estudiosas do fetito teatral como Dolores Vilavedra, Manuel Vieites, Inma López Silva, Carlos Caetano Biscainho, Fabrice Corrons, Laura Tato, Carlota Guivernau, Alexandra Moreira da Silva ou Xosé Ramón Freixeiro Mato; e xestores culturais como Pilar López Pérez (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural), Fernando Cerón (subdirector xeral de teatro do INAEM), Luciano Fernández, Marta Núñez ou Gonçalo Amorim, entre moitos outros.


Publicidade

Xa se poden descargar no web o Libro de conferencias e o Libro de Comunicacións, nos que se poden ler traballos de Cristina Domínguez, Francisco Oti Ríos, Xavier Estévez, Marta Núñez, Laura Míguez, Rui Madeira, Guillem-Jordi Graells, Guiller Heras, Santi Prego, Carlos Caetano Biscainho Fernandes, Artur Trillo, María Armesto, Carlota Guivernau, Fabrice Corrons, Manuel Dasilva, Isabel Rey, Toni Rumbau, Idoya Otegui , Alexandra Moreira da Silva, Xosé Manuel Fernández Castro, Pablo Iglesias Simón, Cecilia Carballido, Xesús Ron, Carlos Lorenzo Pérez ou Agustín Iglesias, entre outros.

 

Outras actividades

Paralelamente, presentaranse proxectos como a Colección de Teatro da Editorial Galaxia, a Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado, a colección de textos bilingües Premios de Teatro Rafael Dieste –editada pola Asociación Española de Directores de Escena–, a colección de textos teatrais DiTeatro de Edicións Positivas, o Fondo Teatral María Casares xestionado pola Revista Galega de Teatro na Biblioteca Pública de Cangas ou o circuíto de distribución Camiño Escena Norte, promovido por Escena Galega (a a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) xunto cos seus equivalentes en Asturias, Cantabria e Euskadi.

Ademais, os participantes no Congreso poderán asistir á Gala de entrega dos Premios María Casares, que se celebrará o día 26, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Coa intención de “render homenaxe a toda unha xeración que traballou para que a escena galega existise”, serán nomeados membros de honra Manuel Lourenzo, Luís Álvarez Pousa e María Xosé Queizán. Ademais, entregarase a Medalla da Academia, a título póstumo, a tres fundadores do teatro galego desaparecidos nos últimos tempos: Ernesto Chao, Gustavo Pernas e Celso Parada.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AESAD |

O alumnado da ESAD paraliza a actividade do centro por ter detectado “abusos de poder e acoso”

tnsj |

O Teatro Nacional São João do Porto inicia a celebración do seu centenario