in

Marta Pazos, Quico Cadaval, Matarile e Patricia Vázquez, entre os candidatos aos Premios Max

23premios |
Je suis narcissiste, a ópera dirixida por Marta Pazos, obtén cinco candidaturas, mentres que Los limones, la nieve y todo lo demás, de Matarile, Medida x medida, de PT Excéntricas, e A compañeira de piso, de Contraproducións, fanse con dúas candidaturas cada unha.

 

O Comité Organizador dos Premios Max de las Artes Escénicas deu a coñecer os candidatos ás 19 categorías a concurso da 22ª edición destes galardóns organizados pola Fundación SGAE, cuxo propósito é estimular e premiar o talento dos profesionais do Teatro e a Danza, ademais da promoción dos espectáculos da tempada.

Un total de 159 espectáculos dos 386 inscritos foron seleccionados para participar como candidatos na XXIII edición dos Premios Max das Artes Escénicas, tal e como decidiron, nesta primeira fase, os tres xurados territoriais designados polo Comité Organizador.

Je suis narcissiste, a ópera dirixida por Marta Pazos, obtén cinco candidaturas: Mellor espectáculo musical, Mellor autoría (Helena Tornero e Raquel García Tomás), Mellor dirección de escena (Marta Pazos), Mellor composición musical para espectáculo escénico (Raquel García Tomás) e Mellor deseño de vestiario (Pier Paolo Álvaro).

Los limones, la nieve y todo lo demás, de Matarile, é candidata a Mellor Espectáculo de Danza e a Mellor Intérprete Feminina de Danza (Mónica García).

Medida x medida, de Producións Teatrais Excéntricas, consegue candidatarse a Mellor Adaptación ou Versión de Obra Teatral (Quico Cadaval) e Mellor composición para espectáculo escénico (Bernardo Martínez).


Publicidade

Finalmente, A compañeira de piso, de Contraproducións obtén dúas candidaturas; Mellor Espectáculo de Teatro e Mellor Actriz Protagonista (Patricia Vázquez).

 

Despois da primeira fase de selección, un tribunal formado polos tres presidentes dos xurados territoriais, catro persoeiros das Artes Escénicas e un membro do Comité Organizador, será o encargado de decidir os finalistas das 19 categorías que concursan á 23ª edición dos Premios Max de las Artes Escénicas.

A gala de entrega dos Premios Max celebrarase o 29 de xuño no Teatro Cervantes de Málaga coa colaboración do Ayuntamiento de Málaga, o Teatro Cervantes de Málaga e o INAEM e enmárcase nas actividades conmemorativas do 120º aniversario do nacemento da SGAE. Esta é a primeira vez que a cerimonia dos Premios Max, galardóns de carácter itinerante, recala en Málaga, coincidindo co 150º aniversario do Teatro Cervantes, símbolo da cultura teatral da capital malagueña.

A lista completa das candidaturas pódese consultar aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatropano |

Os profesionais da xestión cultural piden medidas extraordinarias para paliar os efectos económicos da epidemia no mundo da cultura

Pepe Peino

Pepe Peinó acada o IV Premio Internacional de Teatro Joven con ‘Algo’