in

Os profesionais da xestión cultural piden medidas extraordinarias para paliar os efectos económicos da epidemia no mundo da cultura

teatropano |
Solicítanlle ao goberno do Estado que fixe medidas extraordinarias para paliar os efectos que a suspensión dos eventos e o peche dos espazos públicos está a provocar no sector cultural igual que se están a aprobar para o turismo, o transporte ou a hostalaría.

 

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural vén de facer público un comunicado no que manifestan a súa “gran preocupación polo impacto que están tendo no sector cultural as medidas de contención do coronavirus, que están provocando a cancelación das actividades culturais en todo o Estado e o peche dos espazos escénicos, museos e bibliotecas”.

A Asociación subliña que as industrias culturais e creativas “son un sector estratéxico para o desenvolvemento produtivo, a competitividade e o emprego” e lembra que contribúe co 2,4% do PIB estatal e un 3’6% do emprego total. Lembrando tamén que o sector está constituído, na súa maioría, por pequenas empresas e traballadoras autónomas, constata que o peche dos espazos culturais e a suspensión dos espectáculos públicos están a provocar no sector cultural grandes perdas económicas.


Publicidade

A Asociación cre que, igual que se están a aprobar medidas extraordinarias para paliar os efectos económicos da epidemia nos sectores do turismo, o transporte ou a hostalaría, débeselle “esixir ao goberno do Estado que fixe medidas extraordinarias para paliar os efectos que a suspensión dos eventos e o peche dos espazos públicos está a provocar no sector cultural, un sector xa de por si moi sensible ás crises económicas e en constante precariedade”.

Desde a comparecencia ante os medios do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, tras o Consello da Xunta desta mañá, na que fixo públicas as medidas e recomendacións para intentar frear a expansión do Covid-19, unha cascada de aprazamentos e cancelacións que supón a práctica suspensión de calquera actividade durante polo menos dúas semanas– afectou ao mundo da cultura.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatro0987637 |

Cancelacións nos teatros galegos polas medidas de prevención contra o Covid-19

23premios max |

Marta Pazos, Quico Cadaval, Matarile e Patricia Vázquez, entre os candidatos aos Premios Max