in

No confín de… María Roja

MaríaRoja |
Inauguramos con María Roja unha nova sección, coordinada por Ernesto Is, na que diversas persoas relacionadas coas artes escénicas nos ofrecen pistas sobre as súas actuais inquedanzas culturais e impulsos para a creación.
María Roja é performer, actriz e artista visual.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Teño un feixe deles, un enriba doutro, todos a medio ler. De arriba abaixo: Vernon Subutex, de Virginie Despentes, Fronteira Paraíso, de Silvia Penas, Bosque Vermello, de Tamara Andrés, Trilogía del infinito de Angélica Lidell, os Diarios de Kurt Cobain, máis os poemarios de Idea Vilariño e Alejandra Pizarnik.

A túa banda sonora destes días.

O silencio, interrompido ás veces por sirenas de ambulancias e ás oito por aplausos, disimulado entre temas de PJ Harvey.

O último filme que te impresionou.

En duva satt på en gren och funderade på tillvaron (Unha pomba pousouse nunha póla a reflexionar sobre a existencia), de Roy Andersson.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Exorcism of the last painting I ever made, de Tracey Emin.

A peza que che gustaría asinar.

A que comecei na madrugada de hai dous días, despois de ler un artigo posfebril de Paul B. Preciado. É unha peza colaborativa en formato de acción debuxística arredor da política dos corpos e do acto íntimo de lembrar. Aínda non ten título.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Hedy Lamarr. Iamos precisar varias cañas!

Se non foses artista, serías…

Terrorista.

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatro principal ourense 1 |

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense adíase ata xullo

Belén Constenla

No confín de… Belén Constenla