Belén Constenla é actriz. Na actualidade, protagoniza Despois das ondas, coa compañía ButacaZero.
O libro que tes sobre a mesa de noite.
Tres que teño a medias e un que vou reler: A educação sentimental dos pássaros de J. Eduardo Agualusa, La muerte del comendador de Haruki Murakami, La mujer que mira a los hombres que miran a las mujeres de Siri Hustvedt e Cien años de soledad de García Márquez. Volverei a el despois de trinta anos.
A túa banda sonora destes días.
Sempre adoito escoitar Rock, Soul, Blues, Jazz, Flamenco e música clásica; pero estes días volvín á radio. Radio 3 acompáñame moito mentres fago cousas pola casa.
O último filme que te impresionou.
The Lighthouse de Robert Eggers, con Willem Dafoe e Robert Pattinson. Unha película turbia, moi gótica e claustrofóbica, cunhas interpretacións maxistrais.
A obra de arte na que te perderías agora.
Encántame a pintura e podería perderme en varios cadros, pero neste momento non me apetece nada pecharme nun, así que optaría polo Museo del Prado. Ademais, significaría que xa poderíamos desfrutar de novo del.
A peza que che gustaría interpretar.
Case todas! Pero de escoller, calquera filme ou show en vivo que fixeron os Monty Python nos anos oitenta.
Unha figura histórica coa que compartir unha caña.
Con Marilyn Monroe. Foi a primeira muller en crear e dirixir a súa propia produtora, falou varias veces do acoso e do trato sexista que sofren as mulleres dentro da industria e, ademais de parecerme unha boísima actriz, estou segura de que nos caeriámonos moi ben e pasariámolo mellor.
Se non foses actriz, serías…
Arqueóloga, restauradora de arte, viaxeira… Ou tería un chiringuito nunha praia exótica.