in

A cultura desenvolve nas redes a campaña #NonNosCanceles

NonNosCanceles |
A campaña reivindica medidas de apoio ao sector ante a crise provocada polo Coronavirus.

 

Ao longo dos últimos días o hashtag #NonNosCanceles, que reivindica medidas de apoio ao sector ante a crise do Coronavirus, están circulando polas redes sociais. Profesionais de todos os ámbitos da cultura comparten a mensaxe “eu tamén son traballador/a da cultura” xunto co hashtag para facer un chamado a reducir o impacto das medidas de prevención de contaxio da Covid-19 mantendo as programacións e apoiando o consumo cultural.

En ocasións, o hashtag vén acompañando dun texto que tamén circula polas redes e que di:

“A cultura, no seu sentido máis amplo, tece as nosas vidas, as nosas emocións, a nosa identidade, o noso futuro. Todas as artes están agora mesmo sufrindo na súa pel a cancelación de toda actividade. O sector cultural galego reclama o coidado, o acompañamento e comprensión do público que o aplaude e das administracións que deben servir para axudar a que soportemos un golpe desta magnitude.

Milleiros de artistas en xeral, promotores, produtoras, axencias de representación, persoal técnico de son, luces e montaxe, cámaras, seguridade….e un longo etc de profesións que sufrimos un paro indefinido e sen apenas soporte corto-medio prazo.


Publicidade

Fanse urxentes as medidas de compensación para un sector sen ningunha garantía nin axuda específica Fomos os primeiros en saír da escena e non queremos ser os últimos en entrar, o noso futuro non pode ser cancelado.

Sen cultura non hai país.”

Numerosos artistas, empresas e eventos súmanse á campaña, que chegou a ser trending topic na mañá deste luns. Entre as creadoras relacionadas coas artes escénicas que se están sumando a campaña están Chévere, Silvia Penide, Carmen Conde, Ernesto Is, Xacobe Martínez Antelo, Marián Bañobre, Diego Freire, María Armesto, Elena Seijo, ButacaZero, Santi Romay, Fran Lareu, Peter Punk, César Goldi, Urdime ou José Leis, entre outros moitos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Benet i Jornet

Falece Josep Maria Benet i Jornet, o pai do teatro catalán contemporáneo

Diego V. Meizoso

No confín de… Diego Vázquez Meizoso