Teatro Ghazafellos ofrece un obradoiro de teatro infantil online o vindeiro día 14, a partir das 17:00, dirixido a nenas e nenos a partir dos 3 anos e persoas adultas acompañantes.
Dentro do programa #Afundacionencasa de Afundación, a compañía Teatro Ghazafellos impartirá un obradoiro de teatro infantil. Pepablo Patiño e Montse Piñón desenvolverán pílulas teatrais en formato de obradoiro online. Nelas propoñerán xogos e actividades vinculadas coa acción teatral e dirixidas a nenas e nenos a partir dos 3 anos e persoas adultas acompañantes.
Nos obradoiros faranse pequenos xogos de quecemento, propostas de imitación ou mímica e a montaxe de pequenas historias. A continuación construirán personaxes a partir de partes do corpo ou mesmo animais. E, por suposto, estarán atentos ao que os espectadores propoñan ou pregunten. A inscrición é gratuíta.
Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos está formada por Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. Unha compañía consolidada que sorprende con cada producción, mesturando xéneros, tratando temas variados e levándonos a mundos cheos de maxia.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



