in

Os xestores culturais amosan “preocupación” ante ao Plan de Reactivación da Xunta

Butacas |
Detectan inconcrecións, falta de protección á diversidade, carencia de protocolos sanitarios ou “predominancia do Xacobeo 21 como eixo transversal do feito cultural galego”, entre outras insuficiencias do Plan.

 

A Asociacion Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) vén de facer público un comunicado no que amosa a súa preocupación ante varios aspectos do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico que presentou a Xunta de Galicia. A AGPXC di estar aínda “analizando o documento”, mais nas súas conversas coas súas asociadas e con outras entidades detectan diversos puntos que xeran inquietude. O comunicado da asociación enumera:


Publicidade

  • Falta de concreción. Se ben xa se avanzara que o Plan se faría “reestruturando orzamento”, a proposta presentada non especifica en que prazos ou de que modo será aplicada esta reestruturación, nin de que xeito se van a atender ás necesidades urxentes provocadas pola Covid-19 .
  • Falta de protección á diversidade de áreas do sector cultural, aos sectores non exclusivamente dirixidos á produción e o consumo e, en xeral, ao sector profesional tan fondamente precarizado, na súa maioría pequenas PEMES e autónomas.
  • Falta de medidas hixiénico-sanitarias. O plan recolle a referencia xenérica ao acompañamento na implantación de medidas, sen embargo únicamente aproba medidas concretas no caso do sector turístico, deixando ao sector cultural no desamparo.no ámbito cultural.
  • Falta dunha maior participación da CRTVG como fonte de apoio e investimento no sector cultural galego.
  • Predominancia do Xacobeo 21 como eixo transversal do feito cultural galego.
  • Falta de información sobre a adaptación do orzamento de 2020 da Cidade da Cultura á nova realidade para que as súas actividades teñan tamén unha repercusión directa na economía do sector profesional da Cultura galega, e que haxa un diálogo co mesmo que non nos consta que se teña iniciado.
  • Ausencia de perspectiva de xénero nas medidas propostas.
  • Falta de medidas para a transformación dixital. Falla de medios para a implantación dun sistema dixital.

A AGPXC “confía na vontade da Consellería en manter aberto o diálogo con todo o sector para que o plan que se acaba de presentar incorpore todas as medidas necesarias que permitan poñer a salvo a todo o e ecosistema cultural galego”, entendendo que “a batería de medidas presentada é o inicio dun proceso de traballo consensuado co sector”, dado que os problemas derivados da Covid-19 “acaban de comezar pero teránconsecuencias durante un longo período”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Roberto Leal

No confín de… Roberto Leal

Cris Balboa

No confín de… Cris Balboa