in

O INAEM inicia o traballo co sector para elaborar protocolos de desescalada

Xornadas profesionais Escena Galega
O Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) do Ministerio de Cultura e Deporte reuniuse hoxe con representantes de asociacións de ámbito estatal en dúas mesas técnicas para abordar a desescalada. O obxectivo destas mesas de traballo é a elaboración de protocolos conxuntos para iniciar as actividades artísticas nos espazos pechados de teatros, auditorios e recintos líricos.

 

Estas reunións centráronse, de xeito específico, naquelas cuestións que afectan a actividade artística nos escenarios e nas salas de ensaio, tanto desde un punto de vista artístico como técnico. Preténdese con isto elaborar uns documentos consensuados co sector que recollan cales deberían ser as liñas xerais para articular os ensaios e a volta aos escenarios coa fin de remitirllos de xeito coordinado ao Ministerio de Sanidade para a súa aprobación. Este traballo busca converterse nunha guía xeral e nunha ferramenta que facilite a volta á actividade nos recintos escénicos e musicais.

Á primeira das mesas, centrada na análise da apertura de teatros e recintos pechados de ensaio de espectáculos de teatro, danza e circo, asistiron representantes de FAETEDA, a Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública, a Red de teatros alternativos, FECED, CIRCO RED, a Unión de Actores, CONARTE, ÓPERA XXI e UPAAC. Tamén se uniron representantes da Subsecretaría do Ministerio de Cultura e Deporte, así como do ICAA, ao haber aspectos coincidentes coa volta á actividade artística no sector cinematográfico.


Publicidade

A segunda das mesas centrouse na apertura de teatros, auditorios, recintos musicais e salas de ensaio para concertos sinfónicos de música actual e espectáculos líricos e contou coa presenza de ÓPERA XXI, AEOS, FESTCLÁSICA, ES_MÚSICA e a Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública, así como a participación de directores das unidades de produción artística do INAEM.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

XRon |

No confín de… Xesús Ron

Farsa Das Zocas

O Consello da Cultura edita a ‘Farsa das zocas’ de Carvalho Calero