in

I Festival de Festivais con encontros profesionais e exhibición online

Proclamaçao Da Existencia
A Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas organiza do 25 ao 28 de maio o I Festival de Festivais Redelae con máis de trinta creacións de artes escénicas e encontros profesionais online. Deste xeito, REDELAE convida á súa comunidade artística a unha reflexión sobre a situación de confinamento global a través dunha programación de catro días que reúne linguaxes como a danza, o texto teatral ou o circo. | Foto: Sara Barros Leitão, Proclamação da existência |

 

O Festival emitirase dúas veces ao día: unha primeira emisión en directo e unha segunda emisión gravada. Cada emisión consta dunha primeira parte centrada no debate dos profesionais e unha segunda parte dedicada á exhibición das diferentes pezas presentadas por diferentes festivais de Portugal, España, Brasil, Panamá, Colombia, Chile, México ou Uruguai.

Así, o programa do luns 25 de maio dará comezo ás 22:00 (hora galega) co saúdo de Octavio Arbeláez, director do Festival Internacional de Teatro de Manizales baixo o título “Construcción en el abismo. Un festival en tiempos “pandémicos”. A partir das 23:00, tomará o relevo a primeira exhibición de pezas con Stopman (presentado por dFeria), Sin título (presentado pola uruguaia Sala Verdi); Hamlet –Acto II, Escena IV (do Festival Internacional de Teatro de Manizales); Auxilio Socorro (de Santiago Off), Desierto de Tela (Festival de Teatro de La Rendija), Cap.1 Todo está muy bien (do MUECA Festival Internacional de Arte en la Calle) e Indolescente (de Brújula al Sur).

O martes 26 será tempo para a conversa “La gestión de las artes escénicas en tiempos de coronavirus, ¿brindamos por la vuelta?”, prevista para as 22:00. A seguir, o programa continuará cun novo paquete de creacións como o da portuguesa Sara Barros Leitão con Proclamação da existência (FITEI), La Familia (dFeria), El Bachiller (Festival Internacional de Teatro de Manizales), Aislados – Poéticas del hogar (Muestra Escénica Iberoamericana), Se fue el agua (FITE Santo Domingo), Cuando las puertas se abran, las cerraré (Festival de Manizales), Terapia en tiempo de cuarentena (El Galpón), Cenas de Casa – Alto I (Mostra E-Cena).

O mércores 27 o programa da terceira xornada dará comezo ás 22:00 coa conversa “Crear en confinamiento: libertad para volar. Sesión 1”. A continuación, o Festival ten preparado un novo bloque de pezas online a partir das 23:00 con Mirar al interior de una casa (Festival de Teatro La Rendija), Dist-Ansia (FITE Santo Domingo), Despertar (Festival de Manizales), Dilación (Festival de Teatro La Rendija), Silencio (Sala Verdi), Dentro de ti (Festival de Manizales), Muxuka (dFeria), 04.2020 (FAE Panamá), Cenas de Casa –Alto II (Mostra E-Cena).


Publicidade

Por último, a xornada do xoves 28 de maio comezará coa conversa “Crear en confinamiento: ¿el volar es para pájaros? Sesión 2” para proseguir coas presentacións online de Nos volveremos a abrazar (Festival de Teatro de la Rendija), Butoh Pandémico – Stop Motion (Santiago Off), Dia 0 (Festival Manizales), Oskara etxean (dFeria), Quédate en casa (FIT Nicaragua), Monólogo (Brújula al Sur), Sin Subtítulos (FAE Panamá), Peritas (MUECA).

A Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas é unha rede aberta de festivais, feiras, temporadas e mercados que ten como propósito de desenvolver as artes escénicas como diálogo entre culturas. A REDELAE constitúese en 2013 a partir do desexo de varias profesionais da xestión e a programación de festivais de establecer canles organizadas de intercambio, encontro e creación artística por riba das barreiras nacionais. Desde entón, o colectivo foi sumando novos socios e socias. Actualmente, forman parte da rede 27 estruturas entre as que se atopan festivais como o FITEI de Porto, o FITA do Alentejo, dFeria de Donostia, a MEI de Tenerife ou o festival Singular de Narón.

É posible consultar os horarios e toda a programación aquí (https://redelae.org)

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

César Goldi

No confín de… César Goldi

Heidi Kühn Bode

Falece Heidi Kühn-Bode aos 74 anos de idade