in

Falece Heidi Kühn-Bode aos 74 anos de idade

Heidi Kühn Bode
Heidi Kühn-Bode, escritora, tradutora e profesora, faleceu o pasado 20 de maio aos 74 anos de idade. Nada en Eching (Baviera) o 3 de xullo de 1945, establecérase na Coruña a finais da década de 1960 e fixo o galego a súa lingua literaria.

 

Filla e neta de refuxiados de Pomerania e Besarabia (actualmente Moldavia), a colonia alemana de Romanía, Kühn-Bode establecérase en Galicia en 1968 e adoptou o galego como a súa lingua. Considerábase escritora galega, malia que tamén escribiu en alemán e, por veces, en castelán e ingles.

Con formación de filóloga, especializárase na obra de Henry James e traduciu ao alemán escolmas de poesía galega con pemas de Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio Valcárcel, Luz Pozo Garza, Marica Campo,María Xosé Queizán, Manuel María, María do Cebreiro, Fran Alonso ou Manuel Rivas, entre outros.


Publicidade

Na súa obra destacan varias pezas de teatro para público infantil e xuvenil como as recollidas nos volumes Falou un queixo (2009), Tres mulleres do seu tempo (2009) –na que a autora describe tres épocas diferentes a través de tres figuras femininas entre as que está María Casares–, Teatro para contistas (2003) –seis obras pensadas para integrar o teatro nas aulas–, ou Os mundiños, peza pola que recibiu o Premio Estornela de Teatro da Fundación Neira Vilas no ano 2003.

En 2007, a revista Casahamlet publicou, no seu número 9, a peza As bágoas de Luise Thermann

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Proclamaçao Da Existencia

I Festival de Festivais con encontros profesionais e exhibición online

Zé Paredes

No confín de… Zé Paredes