Proclamaçao Da Existencia

I Festival de Festivais con encontros profesionais e exhibición online

A Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas organiza do 25 ao 28 de maio o I Festival de Festivais Redelae con máis de trinta creacións de artes escénicas e encontros profesionais online. Deste xeito, REDELAE convida á súa comunidade artística a unha reflexión sobre a situación de confinamento global a través dunha programación de catro días […]

O FITEI do Porto comeza cun programa dedicado á creación portuguesa

O Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (FITEI) comeza hoxe coa colaboración co Festival Dias Da Dança (DDD), organizando de mércores a domingo un programa dedicado á creación portuguesa e destinado a programadores internacionais. O obxectivo da chamada Semana + é concentrar varios espectáculos de danza e teatro para presentar a programadores doutros países […]

Mendoza

Shakespeare en México | Manuel Xestoso |   En Mendoza hai ruído, hai furia e hai sangue, moito sangue. Todo o sangue escocés de Macbeth tingue unha outra xeografía que non é allea á sede de poder e á avaricia, nin tampouco á ferocidade necesaria para satisfacer eses pecados capitais que converten aos seres humanos […]

Três dedos abaixo do joelho

Herdanzas sen testamento | Vanesa M. Sotelo |   “A nosa herdanza non está precedida por ningún testamento”, escribiu o poeta Renè Char. Dalgún xeito, este pensamento xorde a medida que se desprega sobre a escena o universo de Três dedos abaixo do joelho, de Tiago Rodrigues. O título do espectáculo, Três dedos abaixo do […]

Tropa fandanga

Entre o milagre e a Revolución | Manuel Xestoso |   A revista goza de mala fama polos longos anos en que tratou de disimular que sobrevivía mentres afogaba nos seus propios tópicos. E, non obstante, na súa orixe compartía moitos elementos co cabaré literario, co burlesque, co music-hall. E, tamén, co teatro político. En […]

Bilingue

Unha xeración á busca do seu relato | Manuel Xestoso |   Estase a converter nun xénero: o teatro que fala sobre a imposibilidade de contar unha historia. O argumentario reúne combustible a partir dos sospeitosos habituais: Lyotard e a inoperancia dos grandes relatos, Derrida e a negación da estabilidade de ningún texto, Baudrillard e […]