in

Dúas obras do FITEI en Viana do Castelo

Colonia |

Esta fin de semana, o Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo acolle dúas obras do programa do FITEI (Festival Internacional de Expressão Ibérica): Colônia, de Vinícius Arneiro, e Ella sobre ella, de Marianella Morena.

O espectáculo Colônia, de Vinícius Arneiro, preséntase o día 18 de maio, ás 18:00, na Sala Principal do Sá de Miranda, seguido dunha Conversa Pós-Espetáculo. A partir dunha “palestra-performance”, o espectáculo sinala unha realidade social histórica e convida ao auditorio a acompañar a evolución dun pensamento que mira cara ás designacións da palabra colonia.

Para que a diversidade de definicións tivese unha confluencia, escolléronse dous feitos catalizadores: a condición colonial do Brasil, con moitos aspectos aínda en vigor nas dinámicas e nas mentalidades, e a historia do “manicomio” Hospital Colônia de Barbacena- Minas Gerais (Sudeste do Brasil), onde 60 mil persoas foron torturadas e mortas. Ao mesmo tempo, através dunha análise sintáctica e morfolóxica, o espectáculo crea relacións e discute forzas propulsoras para unha idea de descolonización, sobre todo do pensamento.

Publicidade

Dramaturxia de Gustavo Colombini, dirección de Vinicius Arneiro, interpretación de Renato Livera, escenografía, son e vestiario de Renato Livera e Vinicius Arneiro, iluminación de João Gaspary.

Ella sobre ella, de Marianella Morena, da compañía Teatro Solis (Uruguai) preséntase na Sala Principal do Teatro Municipal Sá de Miranda, o domingo día 19 de maio, ás 21:30 seguido dunha Conversa Pós-Espetáculo entre público e intérpretes.

Carlota Ferreira (1838–1912) desafiou a moral do seu tempo cunha sexualidade libre nun timorato Montevideo do século XIX. A obra traballa a partir desta figura de carácter histórico en diálogo con a actualidade, estabelecendo unha ponte entre historia, arte, mulleres, erotismo e convencións que marcan unha época.

Coñecemos a imaxe de Carlota Ferreira porque o “pintor da patria”, Juan Manuel Blanes, a inmortalizou, mais este é o seu ollo sobre un corpo, é a aparencia dunha muller vista por un home. Ningún artista é obxectivo, a arte é iso mesmo: transformar a realidade para crear universos paralelos.

Ella sobre ella transfire a irreverencia da personaxe á escena, con estilo e ton contemporáneos; Carlota convídanos a dubidar do peso das herdanzas e das dificultades de ser libre.

Texto e dirección de Marianella Morena, espazo escénico de Johanna Bresque e Ivana Domínguez, interpretación de Mané Pérez, escenografía de Alejandro Roquero, iluminación de Ivana Domínguez, vestiario de Johanna Bresque, asistente de vestiario de Stefanía Reta, confección de vestiario Mariela Villasante e asistencia de dirección de Agustín Urrutia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CrisAndina |

O Festival de Cans conta coa exposición “Outra pel, outro rostro” de Cris Andina

MuseoGalegoMarioneta |

Pecha o Museo da Marioneta de Lalín