in

O Festival de Cans conta coa exposición “Outra pel, outro rostro” de Cris Andina

CrisAndina |

O Festival de Cans, no seu intento de achegar o festival a outras disciplinas, programa por primeira vez unha exposición fotográfica, que vai máis alá das datas principais do certame.

Este mércores 15 de maio ás 19:30, inaugurarase a mostra “Outra pel, outro rostro” da ribadense Cris Andina. Un traballo, formado por máis de 30 retratos, que a fotógrafa realizou seguindo a numerosas actrices e actores para retratalos no intre no que pasan a barreira da caracterización e mudan de rostro para interpretar aos seus personaxes no escenario. Esta mostra, que estará dividida entre o Círculo Recreativo Cultural do Porriño e a Sala Ingrávida, é de entrada gratuíta e poderá visitarse ata o vindeiro 15 de xuño.

Cris Andina quixo homenaxear nesta exposición ao oficio da interpretación, facendo uns retratos que recalcan o uso do talento espido que despregan os profesionais do teatro no que adoita primar o espazo figurado fronte á propia personaxe. De aí a escolla da fotógrafa de realizar fotografías en branco e negro e sen artificios. Nela poderemos ver rostros habituais como Miguel de Lira, Melania Cruz, Javier Gutiérrez, Xosé A. Touriñán, María Vázquez, Serxio Pazos ou a Areta Bolado, Noelia Castro e Alién Kendelman da compañía teatral A Panadaría.


Publicidade

Cris Andina (Ribadeo, 1978) é fotógrafa autodidacta especializada no ámbito cultural, o que lle permite gozar ao mesmo tempo da fotografía e dalgunhas cousas das súas outras paixóns: a música, o cine, as artes escénicas en xeral e, por suposto, o teatro en particular. As súas imaxes foron publicadas en distintos medios de comunicación, ten colaborado en eventos culturais de distinta natureza e protagonizado algunhas pequenas exposicións, individuais e colectivas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

invisibles1 |

O CDG celebra as Letras Galegas con 3 montaxes de Redrum, o ciclo Teatro Ob-sceno e unha xornada de portas abertas

Colonia |

Dúas obras do FITEI en Viana do Castelo