in

Volve o FITEI a Viana do Castelo cun espectáculo sobre o xenocidio indíxena no Brasil

FITEI Pedro Vilela
Espectáculo 'Altíssimo' de Pedro Vilela.

O domingo 15 de maio volveo o FITEI – Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica a Viana do Castelo coa presentación dun espectáculo, un coro e dous obradoiros internacionais.

Das 10.00h ás 14.00h, na Sala de Ensaios do Teatro Municipal Sá de Miranda, terá lugar o Workshop – 1 Encontro co creador brasileiro Pedro Vilela, que compartirá cos asistentes técnicas de composición a partir de exercicios de improvisación, inspirados na observación artística. Esta actividade é gratuíta mediante inscrición previa.


Publicidade

Ás 16.00h, na Sala Experimental do Teatro Municipal Sá de Miranda presentarase o espectáculo Figueiredo, de Pedro Vilela, que presenta un documento oculto por máis de 40 anos que serve como punto de partida para esta proposta performativa que procura transitar entre historia e memoria, tecendo fíos en torno a unha política de destrución de 1500 anos atrás: o xenocidio indíxena no Brasil.
Despois do espectáculo terá lugar unha performance coral con Inês Malheiro (Portugal) e Lea Taragona (Brasil).

O prezo dos billetes varía entre os 4 e os 10 euros e poden ser adquiridos no Despacho de billetes do Teatro Municipal Sá de Miranda e na venda online.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Festival de Títeres de Redondela 2022

Redondela énchese de monicreques co comezo do Festival de Títeres de Redondela 2022

'Emigrados'. Aula de Teatro Universitario de Vigo.

‘Emigrados’, da Aula de Teatro do Campus de Vigo