A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aproba as resolucións polas que se convocan as probas de acceso para as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2020/21. As devanditas resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia o vindeiro 17 de xuño.
A inscrición nas probas de acceso pódense presentar desde o día 18 ata o día 29 de xuño, ambos os dous incluídos, por vía telemática cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.es/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As probas de acceso darán comezo o día 13 de xullo.
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026
- Carlota Mosquera estrea ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ - 15/01/2026



