in

Marcos Abalde gaña o XV Premio Abrente coa obra ‘O tsunami’

Marcos Abalde |
O Premio do Público é para Hoy puede ser mi gran noche, de Teatro en Vilo e Leira, de Nova Galega de Danza, que obtiveron a mesma puntuación no reconto final.

 

Un xurado composto polas actrices Fina Calleja e Rosa Puga e polo actor Fernándo González e presidido polo director da MIT de Ribadavia, Roberto Pascual, decidiu hoxe, por unanimidade, darlle o XV Premio Abrente de Textos Teatrais que outorga a Mostra ao texto de Marcos Abalde titulado O tsunami.

Segundo o xurado “a lectura deste texto supuxo a descoberta dunha voz propia que rescata da memoria un acontecemento real (a construción dun encoro artificial na explotación mineira das Pontes, o lago artificial máis grande de Europa, que se fixo para rexenerar unha antiga explotación de lignito) co que o autor é quen de construír unha reflexión tamén sobre a actualidade, descarnada, crúa, grotesca, sucia e decadente”.

“O texto”, continua a acta, “fai que a persoa lectora galega se sinta recoñecida e parte deste universo que presenta o espello desta peza, un espello que devolve unha imaxe deformada e que esperta unha perversa e nada compracente comicidade, sen perder por iso a forza do carácter poético, metafórico e simbólico”.

Igualmente, o xurado destaca que o “texto é absolutamente poderoso para reflexionar sobre asuntos universais como o caciquismo, as relacións materno-filiais, as relacións laborais e sociais, camiñando dende o ámbito cotián das persoas ao colectivo de cuestións medioambientais e o fatalismo das consecuencias do capitalismo descarnado”.


Publicidade

O dramaturgo Marcos Abalde (Vigo, 1982) xa obtivo ao longo da súa carreira outros premios como o Premio Josep Robrenyo 2008 por Canibalismo, o Premio Álvaro Cunqueiro 2011 por A cegueira (Xerais, 2012), o Marqués de Bradomín 2012 por Xudite, ou o Premio de Teatro Varela Buxán 2016 pola obra Oito epitafios por Troia.

 

Empate no Premio do Público

Hoxe ademais coñecéronse as puntuacións outorgadas polo público ás obras representadas na MIT Ribadavia. Hoy puede ser mi gran noche, de Teatro en Vilo e Leira, de Nova Galega de Danza, quedaron empatadas no primeiro lugar.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

NekrassovAbadia |

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña presentou o programa para o segundo semestre do ano

Cangas2020c |

XXXVII Mostra de Teatro de Cangas: humor vital