in ,

Carlos Labraña gaña o II Premio Platta – Galicia 2020

Carlos Labraña
Carlos Labraña é o gañador do II Premio Platta de Teatro Breve – Galicia coa peza Descociñando. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.

 

O xurado –composto por María Armesto, José Breijo “Topo” e Mercedes Pardavila, actuando de secretario con voz pero sen voto Xoán Carlos Riobó, da erregueté– valorou de xeito especial “a prolífica configuración dos personaxes e a identificación con eles, a utilización de mecanismos como a intriga que mantén o interese e a curiosidade da lectora, o uso de metáforas que ilustran os estados de ánimo do peronsaxe principal e o sorprendente final purificador tinxido pola comicidade deste drama”.

Ademais da súa publicación, o texto será o material de traballo das lecturas dramatizadas que terán lugar no mes de novembro dentro do marco do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado.

 

O autor


Publicidade

Carlos Labraña é un dos autores de teatro infantil e xuvenil máis prolíficos da literatura dramática galega. A pequena compaña, Estrelecer, A fada pirata, Moito Morro Corporation Sociedade Limitada ou O Valo (IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil) son algunhas das súas pezas máis destacadas. Parte activa da Asociación de teatro infantil e xuvenil de España (ASSITEJ) e da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (GALIX), o dramaturgo cedeirense dirixe e interpreta na compañía Os Furabolos as súas pezas.

 

O certame

O Premio PLATTA de Teatro Breve en tres linguas nace en 2019 co obxectivo de estimular a escrita teatral e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Platta Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador (Federación Galega de Teatro Afeccionado, Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana e erregueté). O premio estrutúrase ao longo do ano en tres certames que se corresponden coa lingua do territorio que acolle cada un dos festivais transfronteirizos: I Premio PLATTA de Teatro Breve – de Castilla y León (castelán), I Premio PLATTA de Teatro Breve – Galicia (galego), I Prémio PLATTA de Peças Curtas de Teatro – Portugal (portugués). Este texto será o sexto da colección PLATTA de teatro breve editada pola erregueté xunto con:

Amor de corbata, de Antonio Mauriz.
Morreu a tía María, de Xosé Prada.
A importância de se chamar Antônio, de Xacobe Otero.
Voces en limbo, de José Domínguez.
Reencontro, de Rosa E. Gantes.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Academia Galega de Teatro premios

O Congreso do teatro Galego clausurouse cunha homenaxe a Ernesto Chao, Gustavo Pernas e Celso Parada

Prostitución | Andrés Lima | Carmen Machi, Nathalie Poza y Carolina Yuste

‘A xente 2.0’, ‘Liberto’ e ‘Prostitución’ pechan esta fin de semana o FIOT en pausa