As xornadas ábrense este venres cun encontro con Cris Balboa, Manuel Parra e Félix Fernández no espazo NORMAL da Coruña.
A Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas organiza, a partir deste venres día 11, seis actividades no espazo de intervención cultural NORMAL da Universidade da Coruña no marco das xornadas De Corpos Presentes, que se prolongarán durante varios días de decembro. Obradoiros, conferencias e espectáculos de danza, vídeo e performance, compoñen o programa.
Esta experiencia está dirixida a persoas interesadas nos procesos artísticos: artistas e persoas ligadas ao traballo cultural, estudantes de artes, profesionais doutras disciplinas ou con interese nas dinámicas de creación contemporáneas. Todas as actividades son completamente gratuítas, previa inscrición na páxina web da Plataforma.
PROGRAMA DE CORPOS PRESENTES
11 de decembro ás 10:00h: Abrir o círculø: encontro con Cris Balboa, Manuel Parra e Félix Fernández. Proposta de “experiencia inmersiva para a creación do manifesto #technocracia”. Trátase de compartir o proceso do seu proxecto Technocracia desde a última experiencia vivida no Festival Corpo(a)terra, coa intención de afondar na elaboración dun manifesto da festa con prácticas abertas ás persoas participantes do encontro.
11 de decembro ás 20:00h: #Technocracia / Stage 2 / Manifesto. Technocracia é unha peza de artes vivas no seu segundo estadio de creación que aborda a festa como lugar de comuñón, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ao incluir ó publico como parte esencial da peza a través das accións que se xeneren.
21 de decembro ás 10:00h: Abrir o círculø: encontro con Gena Baamonde. A directora compartirá as derivas de Metodoloxías carroñeras para corpos intervetidos, un proxecto artístico que supón a tradución –a linguaxe escénica– da súa investigación académica Sexualidades Des-Xeneradas, centrada no estudo da práctica escénica que cuestiona o binomio de xénero e o mandato da heteronormatividade, amosando sexualidades habitualmente relegadas deste ámbito.
21 de decembro ás 20:00h: Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, por Colectivo Vacaburra. Conferencia-Freak en formato desbordado arredor da lectura escénica dos corpos sexuados. Metodoloxías Carroñeras é un traballo en proceso do Colectivo Vacaburra, onde colisionan dous corpos invertidos cunha longa traxectoria atravesada polo movemento, as artes escénicas e a investigación teórica.
28 de decembro ás 10:00h: Abrir o círculø: encontro con Aïda Colmenero Dïaz. A creadora compartirá as derivas de She Poems / Ella Poema, un proxecto inspirado en poemas escritos por mulleres, que desde 2013 vén creando e producindo en África coa colaboración dunha nova xeración de creadoras en artes escénicas, artistas pioneiras e únicas, dando como resultado unha extensa serie de pezas audiovisuais, creacións de danza e series fotográficas.
28 de decembro ás 20:00h: Selección de curtametraxes She Poems / Ella Poema, coa presentación e posterior coloquio coa súa directora, Aïda Colmenero Dïaz.
Información e inscrición ás actividades na páxina web De Corpos Presentes