As Residencias Paraíso, convocadas polo Colectivo RPM, pretenden fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. Normalizar o concepto de residencia artística resulta fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia, significa atender e respectar o espazo e o tempo adicado á investigación artística, o verdadeiro xerme de todo o que virá.
Etiqueta: NORMAL
Estrea de ‘Isto non é Berlín’, documental sobre a comunidade de artes vivas da Coruña
Isto non é Berlín, unha peza audiovisual sobre a comunidade de artes vivas da Coruña que estrean mañá no Centro Ágora da cidade herculina. A vontade do colectivo non é outra que a de visibilizar o enorme talento artístico da cidade a través do formato audiovisual, dando conta do invidivual e o transversal dos artistas que se dedican ás artes vivas.
Xornadas ‘De Corpos Presentes’ na Coruña en decembro
A Plataforma galega para as artes performativas contemporáneas organiza, a partir deste venres día 11, seis actividades no espazo de intervención cultural NORMAL da Universidade da Coruña no marco das xornadas ‘De Corpos Presentes’, que se prolongarán durante varios días de decembro.