in

O Festival Atlántica celebra o Día Internacional da Narración Oral

Festival da narración oral

Cunha quincena de espectáculos de máis de vinte artistas espallados por diferentes puntos de Galicia, o Festival Atlántica celebra este 20M en colaboración con Sete Falares, Falando a Boca Chea e integrantes do Colectivo NOGA.

Aínda que este ano o Festival Atlántica vaise celebrar durante o verán, o veterano encontro non quere deixar de festexar unha das súas citas máis emblemáticas: o Día Internacional da Narración Oral.  Este sábado, 20 de marzo, e grazas á colaboración cos festivais Sete Falares de Pontevedra e Falando a Boca Chea da Coruña, e tamén do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña, unha quincena de espectáculos vanse desenvolver en múltiples puntos de Galicia. Ademais, en Santiago a festa prorrogarase durante varios días máis: 23, 25 e 26 de marzo.

As historias en estado puro percorrerán os barrios, bibliotecas, centros socioculturais, teatros e auditorios de Compostela, As Neves, O Porriño, Mondariz, Fene, Brión, Ribeira, Ourense, A Coruña e Pontevedra. Será un día de festa e tamén de reivindicación dun oficio que está a sufrir un difícil momento, no que a maioría dos seus integrantes perderon máis do 60 % do seu volume de traballo.

Entre os artistas participantes figuran Lorena Pinheiro, Raquel Queizás, Dani Blanco, Charo Pita, Pablo Díaz, Vero Rilo, Celso F. Sanmartín, Chus Álvarez, Anxo Moure, Ramiro Neira, Cris de Caldas, Marta Ortiz, Quico Cadaval, Sole Felloza, Pavís Pavós, Baobab, Migallas e Polo Correo do Vento.

A escritora Fina Casalderrey é a autora do manifesto conmemorativo deste 20M un texto que chegará no día de hoxe aos centros de ensino, bibliotecas e concellos para lembrar nestes tempos tan especiais a importancia e a necesidade das historias a viva voz, o encontro cos outros para celebrar a memoria, a identidade e a lingua.

As actividades desenvolverase cumprindo coas medidas sanitarias do protocolo COVID-19 vixente no momento da súa realización. O aforo é reducido e as reservas xestiónanse en cada lugar de función. A información relativa aos espectáculo difundirase publicamente en breve.

Manifesto Día Internacional da Narración Oral 2021

Unha arte de sempre e moi viva

A narración oral é unha arte escénica de pequeno formato que está presente en todas as programacións de xeito diario en Galicia. Unha enquisa entre os integrantes do colectivo NOGA (Narradores Orais de Galicia) así o deixa claro: non hai día no que nalgún lugar da xeografía non estea un narrador contando historias. Neste 2021, o Festival Atlántica quere situar a Galicia e a súa lingua no mapa universal das historias.

No Día Internacional da Narración Oral conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos. Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos, fóronse engadindo outros países.

Axenda Día da Narración Oral 2021

Sábado 20 de marzo

As Neves | 12 h | Biblioteca Municipal | Lorena Pinheiro

Pontevedra | 12 h | Teatro Principal | Pavis Pavós. Migallas. Polo Correo do Vento

Ourense | 12 h Biblioteca Pública | Cris de Caldas


Publicidade

Brión | 12 h | Sala Municipal de Exposicións | Charo Pita

Fene | 12h | Biblioteca Municipal | Sole Felloza

A Coruña | 12 h | Librería Lume | Chus Álvarez

Ribeira | 12 h | Centro Cultural Lustres Rivas | Raquel Queizás

Mondariz | 18 h | Auditorio do Centro Social | Lorena Pinheiro

O Porriño | 18 h | Centro Cultural | Vero Rilo

Santiago de Compostela | 12 h | Cidade da Cultura | ‘Galicia máxica’ de Marta Ortiz (Infantil)

Santiago de Compostela | 18 h | Carballeira de Conxo | Raquel Queizás (Infantil)

Martes 23 de marzo

Santiago de Compostela | 19 h | CSC das Fontiñas | Quico Cadaval (Público adulto)

Xoves 25 de marzo

Santiago de Compostela | 18 h | CSC de Santa Marta | Sole Felloza (Público infantil)

Venres 26 de marzo

Santiago de Compostela | 19 h | CSC de Vite | Pablo Díaz (Público infantil)

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Xunta Directiva AAAG

Nova xunta directiva da AAAG

Fernando Jorge Lopes

Fernando Jorge Lopes: “Os problemas na cultura em Portugal não resultam do surto epidémico”