in

Presentada unha iniciativa para nomear ao Auditorio Municipal de Cangas como ‘Xosé Manuel Pazos Varela’

Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela
Imaxe de Afonso Becerra

A proposta, impulsada pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas – MITCFC, presentouse esta mañá no Concello da vila do Morrazo.

Unha representación de asociacións culturais e educativas de toda Galicia presentaron este luns no Rexistro do Concello de Cangas unha iniciativa para que o auditorio municipal da vila pase a chamarse Auditorio Municipal de Cangas “Xosé Manuel Pazos Varela”. O acto, ao que asistiron representantes dalgunhas das entidades asinantes, está impulsado pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas – MITCFC e pola súa directora, María Armesto.

Xosé Manuel Pazos Varela, rexidor de Cangas ata o día do seu pasamento, foi docente, dramaturgo, fundador da compañía Teatro de Ningures, tradutor e adaptador de pezas dramáticas de diversos autores e autoras, e, sobre todo, dinamizador da actividade cultural e teatral do Morrazo. Unha das súas grandes iniciativas foi a construción do Auditorio Municipal de Cangas ao que agora queren nomear co seu nome nunha homenaxe a unha figura relevante da escena galega.


Publicidade

As asociacións e entidades que apoian esta iniciativa son:

  1. Academia Galega de Teatro.
  2. Asociación de Actores e Actrices de Galicia – AAAG.
  3. Asociación Cultural A CEPA.
  4. Asociación Cultural A PIPA.
  5. Asociación Cultural BELAS ARTES de Cangas.
  6. Asociación Cultural CHARAVISCAS.
  7. Asociación Cultural ENTREBAMBALINAS – REVISTA GALEGA DE TEATRO.
  8. Asociación Cultural Folclórica TROMENTELO.
  9. Asociación Cultural LEMBRANZAS DA RÍA.
  10. Asociación Cultural PEIS D’HOS.
  11. Asociación Cultural XIRIA.
  12. Asociación Coral LESTONNAC.
  13. Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico -ADICAM.
  14. Asociación DOA de Saúde Mental.
  15. Asociación Galega de Dramaturxia – DRAMATURGA.
  16. Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas – ESCENA GALEGA.
  17. Asociación JUAN XXIII.
  18. Asociación MULLERES DO HIO.
  19. Asociación MULLERES DE MOAÑA.
  20. Asociación Nais e Pais do Conservatorio e da Escola de Música de Cangas.
  21. Asociación Pais e Nais de Persoas con Discapacidade do Morrazo- ASPANSIM.
  22. Asociación XUBILADOS SANTIAGO.
  23. Fundación Casa Museo “A MANGALLONA”.
  24. Grupo de Danzas PAIS DE SAN ROQUE.
  25. Grupo de investigación lingüística e literaria galega – ILLA da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
  26. Teatro de Ningures.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Elisa e Marcela

Elisa e Marcela

Nova Dramaturxia Galega Actual

O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual amplia o prazo de presentación de textos