in

Escenoia: un lustro de teatro breve

Escenoia V
Imaxe de Jerry Noia

Este sábado 29 de maio volta ao Liceo de Noia a mostra de teatro breve na súa quinta edición.

Escenoia, mostra de teatro breve, chega á súa quinta edición este sábado 29 de maio con catro espectáculos escénicos de entre 15 e 20 minutos. Organizada desde os seus comezos por Borja Salgado e Luis Martínez, ou o que é o mesmo, Sal do Teatro e Vaya por Dos Teatro, o formato da mostra fai que, segundo organización, “o público poida disfrutar  dun espectáculo escénico  con propostas variadas”.

A programación da quinta edición da mostra de teatro breve contará coa participación dos espectáculos Limbo, representada por Daniel Celester e Silvia Lorenzo, d’A Formiga Producións Teatrais; 15 Minutos, unha peza unipersoal de Mónica Sueiro; Tránsito, de Sal do Teatro, con Chiruca Tarrío, Borja Salgado e Luis Martínez; e Peregrinos, con Eva Rosende e Iago Martínez, de ATerrequeté.


Publicidade

A cita terá lugar a partir das 19.30 horas desta tarde na Sociedade Recreativa Liceo de Noia, con aforo limitado e previa inscrición nas instalacións do espazo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DramaturGA 20

Presentación do volume ‘DramaturGA 20’ en Pontevedra

Anda Diana

Anda, Diana