O xurado destacou a creatividade da obra, “o enxeño da mímica para sacar un sorriso” e “a maestría e o oficio dos actores para conectar co público baixo a acertada batuta da directora de escena”.
O espectáculo Quixote, da compañía coruñesa Pedras de Cartón, gañou por unanimidade o X Certame Internacional Barroco Infantil na presente edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, un dos festivais de teatro clásico máis importantes do Estado.
Juan Rodríguez e Pablo Sánchez metéronse na pel de Quixote e Sancho para interpretar o texto de Cervantes en clave de clown e sen palabras, baixo a dirección de Laura Sarasola.
Pedras de Cartón
Pedras de Cartón nace coa intención de crear espectáculos que poidan chegar ao maior número de públicos posible.
Con Lázaro de Tormes, a súa primeira peza, xa recibiran a Mención Especial do Xurado na pasada edición do Festival de Almagro. Nesa ocasión abordaron o clásico picaresco pero contado e representado, por primeira vez, sen palabras. Agora utilizan o clown para achegar o Quixote ao público familiar.
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026
- Carlota Mosquera estrea ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ - 15/01/2026


