in , , ,

Nuria Sotelo estrea ‘Mortais e vulnerables’ no FITO de Ourense

Nuria Sotelo en Mortais e vulnerables
'Mortais e vulnerables', de Furia Sotelo. Fotografía de Iñaki. Osorio.

FURIA SOTELO presenta o solo Mortais e Vulnerables este domingo 17 de Outubro, no marco do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) ás 19h. no Teatro Principal de Ourense.

Mortais e vulnerables é o segundo solo de Nuria Sotelo. Despois de 11 anos da aparición do seu primeiro solo, Métanse nos seus asuntos, que marcou o comezo de Licenciada Sotelo, Mortais e vulnerables vén marcar a transformación en Furia Sotelo. Esta peza de danza contén o paradoxo dende o seu plantexamento inicial, xa que xorde do desexo de encontro, da necesidade do encontro. Da vontade de continuar indagando na práctica da creación colectiva. Un corpo ao servizo das olladas de diferentes coreógrafas que acompañan o proceso de creación: Aitana Cordero, Ánxela Blanco, Alejandra Balboa, Mónica García e Clara Ferrao. Un corpo vulnerable, fráxil ante as olladas que o fortalecen. Un corpo que se constrúe a través das outras. E o sempre vívido desexo de bailar. O desexo de levar a cabo Mortais e vulnerables xorde antes da pandemia, como unha especie de premonición, adquirindo novos significados ante esta nova realidade.

Mortalidade e vulnerabilidade como aquilo que nos une, aquilo común a tódolos corpos, a tódalas existencias.

Un corpo como tódolos corpos; na súa particular e única materialización.

Unha existencia que se constrúe en relación.


Publicidade

Sempre a mútua referencia, sempre a interdependencia, o alimento, o colo, a entrega.

As gretas da fraxilidade creadas polo desexo.

O teu desexo fortaléceme, o meu desexo vulnerabilízame ante ti

Ficha técnica e artística

Creación: Nuria Sotelo, Beatriz Palenzuela, Rafael de La Lastra
Dirección e coreografía: Nuria Sotelo
Asistentes de coreografía: Alejandra Balboa, Beatriz Palenzuela, Rafael de La Lastra
Colaboracións: Mónica García, Nacho Cárcaba, Elisa Medina Hudgins
Son: MounQup
Deseño iluminación: Del Ruiz

246335024 10227884351640650 1922827482526659961 n |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Abrazos

Los abrazos huecos

Foto de Pablo Carrera

Unha imaxe a pé de páxina