in ,

Nova Galega de Danza galardoada co Premio da Cultura Galega 2021

Nova Galega de Danza
Espectáculo 'SON' de Nova Galega de Danza.

Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, o programa da CRTVG Dígocho Eu, o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina son os galardoados nos Premios da Cultura Galega 2021. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

A Cidade da Cultura acolleu a reunión do xurado que decidiu dar este recoñecemento no eido das Artes Escénicas a Nova Galega de Danza, xurdida a finais dos anos 80 cando os bailaríns Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz buscaban novas formas de expresión que fusionasen a tradición folclórica de raíz galega coa danza contemporánea. Xuntos conseguiron con Sinerxias o segundo Premio do I Certame de Creación Coreográfica de Galicia, o cuarto Premio no I Maratón de Danza de Madrid, e quedaron finalistas no Certamen Nacional de Danza Española y Flamenco de 2002.

Foi en 2003 cando se realizou a primeira montaxe asinada como Nova Galega de Danza, Alento, á que seguiron Engado (2006), Tradición (2008), Dez (2013), Son (2016) e Leira (2021). Nova Galega de Danza naceu coa vocación de innovar e, ao mesmo tempo, poñer en valor a rica tradición de baile en Galicia. Conseguiron neste tempo facerse un sitio importante nos escenarios e, á vez, conxugar o aplauso do público e da crítica especializada apostando pola indagación e a experimentación nas formas, na estética e tamén na música, que os adoita acompañar en directo.


Publicidade

Con estes galardóns, a Xunta de Galicia premia un ano máis o labor creativo de Galicia e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade en diferentes ámbitos. Recoñécese a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Leonardo e os Biosbardos

Leonardo e os biosbardos

O charco de Ulises CDG

‘O charco de Ulises’ inicia unha xira por vinte concellos de Galicia e Portugal