in

‘Leira’, de Nova Galega de Danza, finalista en dúas categorías dos Premios Max

Leira
Fotografía de Rosinha Rojo

O espectáculo dirixido por Jaime Pablo Díaz, que é unha homenaxe ás traballadoras e traballadores do campo, opta ao Mellor Espectáculo de Danza e ao Mellor Intérprete Masculino de Danza, para Iván Villar.

Os Premios Max das Artes Escénicas, organizados pola Fundación SGAE, desvelaron hoxe a listaxe de finalistas da súa XXIV edición, que se celebrará o vindeiro 4 de outubro no Teatro Arriaga de Bilbao. Nela destaca a presenza de Nova Galega de Danza co seu espectáculo Leira, co cal competirán en dúas categorías: Mellor Espectáculo de Danza e Mellor Intérprete Masculino de Danza para Iván Villar.

Leira xa foi distinguido, na 36ª edición da MIT de Ribadavia, co Premio do Público ao mellor espectáculo, compartido ex aequo xunto a Hoy puede ser mi gran noche, de Teatro en Vilo.


Publicidade

Leira

O corpo e a terra fortalecen os seus lazos nun espectáculo que nos transporta á dura beleza do traballo no campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, día tras día repetidos nunha inesgotable sucesión de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, as paraxes do clima cru habitados só por unha coreografía humana que baila entre os regos arados da terra. Leira é, tamén, unha alegoría do traballo realizado coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Elvedon

Elvedon

2332 |

Multitarefa