A Sala Ártika está a desenvolver a sétima edición do seu festival Pekeártiko de Nadal, dirixido ao público familiar, que nesta ocasión acolle 24 funcións de teatro de obxectos e marionetas, musicais e clowns. Despois do arranque esta fin de semana, a programación da sala viguesa estenderase ata o día 30 de decembro.
Esta semana aínda poden verse Lixo, da compañía O baúl da tía Tola, hoxe; Nino & Mambrú, de The Moving Compass, mañá; A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro, o xoves; e A Gran Viaxe, de Inventi Teatro, o venres.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



