A peza Segunda morte, de José Luis Baños de Cos, vén de gañar a VIII edición do premio de textos teatrais Varela Buxán, organizado pola Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada. O xurado, que estaba formado por Santiago Cortegoso, Ana Carreira e Esther Carrodeguas, escolleu esta obra por unanimidade de entre as 19 obras que se presentaran ao concurso, e destacou dela “a complexidade da estrutura dramática e o tratamento temático da inmigración, cunha poética particular, tecida con imaxes cheas de simbolismo”.
José Luis Baños de Cos xa gañara anteriormente o premio Roberto Vidal Bolaño, o Abrente e o certame de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle. A finais de febreiro, entregaráselle ao autor este premio literario nun acto no Teatro Principal da Estrada, no que tamén se lle entregará a Fernando Epelde, gañador da edición anterior, a publicación do libro Engadir auga e esperar.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



