A Mostra de Teatro Infantil de Ourense, MOTI, inicia hoxe unha nova edición, cun programa que inclúe música, maxia, danza, clown, contacontos e teatro de actriz/actor para toda a familia.
O festival celebra xa a súa 18ª entrega, nunha edición reducida na que acollerá nove representacións de sete compañías, que se desenvolverán no Teatro Principal de Ourense e no Campus os días 27, 28 e 29 de decembro e o 2 de xaneiro, ademais de animacións promocionais de rúa.
Programa completo
- Estrea e homenaxe en Culturgal. A ESPERA DO BALEIRO de Xián Martínez e Companhia de Dança de Almada - 27/11/2026
- Iván Caloto, Fernando Castro Paredes, Carlos Losada e José Luis Baños gañan os premios de literatura dramática da Agadic - 27/11/2026
- ‘Libres!!!’ gaña o Premio do Público da 35ª edición do FIOT - 27/11/2026



