in ,

O CDG estrea a ‘A peste’, a súa nova produción, con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó a partir da novela de Camus

Residencias Cruzadas CDG

O Salón Teatro do Centro Dramático Galego, CDG, acolle este xoves, 20 de xaneiro, ás oito da tarde, a estrea da súa nova produción A Peste, con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó a partir da novela de Albert Camus. A peza, que reflexiona arredor do comportamento da sociedade e dos individuos en situacións de crise, estará en cartel no Salón Teatro ata o 13 de marzo, con funcións os mércores (ás seis da tarde, en función descontraída), xoves, venres, sábados (ás oito da tarde) e domingos (ás seis da tarde). O último domingo, o 13 de marzo, haberá unha función inclusiva.

Esta primeira produción do CDG en 2022 (a segunda será a montaxe da peza Ás oito da tarde cando morren as nais, de AveLina Pérez, baixo a dirección de Marta Pazos, que ten a súa estrea prevista para o mes de abril)  ten un elenco formado por Nacho Castaño Castaño, Luis Iglesia, Evaristo Calvo, Santi Romay, Xurxo Cortázar, César Cambeiro, Santi Prego, Marcos Orsi, Carlos Sante, Tone Martínez, Salvador del Río, Paku Granxa, Rebeca Montero, María Roja e Casilda Alfaro.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Il Dottor Balanzone della Commedia dell'Arte. Tiziano G.

Títulos, titulite e confusionite

Isadora Duncan e as súas alumnas. Museo Galliera. París. Archives Charmet

A Isadora Duncan de Jérôme Bel e a pedagoxía radical da danza libre