O popular actor Pedro Brandariz faleceu esta mañá aos 44 anos cando ía representar unha función escola en Oleiros. Segundo informou a axencia EFE, sufriu unha indisposición e, a pesar de que os servizos de emerxencia acudiron á zona, o humorista non puido recuperarse. O alumnado pensaba que formaba parte da actuación.
O humorista tiña unha ampla experiencia nos escenarios galegos e tamén na televisión, onde era habitual do programa da TVG Luar. No seu currículo, Pedro Brandariz presentouse como humorista, actor, clown, monologuista, contacontos e cabaretista, con capacidade para achegarse ao humor desde diferentes ámbitos, xa fosen a narración oral, o teatro ou o cabaré.
Brandariz foi o impulsor de moitas webseries en Galicia dendeo o ano 2016. Destacando producións como Galicia Crime, Peter Brandon, Antolepsia, Dinosaurio ou Mataría.
Conmoción na profesión
Varios compañeiros de Brandariz quixeron mostrar o seu pesar nas redes sociais polo pasamento do cómico. Non foron poucos os que subliñaron o carácter aberto e divertido do protagonista de Jacinto, película dirixida por Javi Camino pola estaba nomeado a mellor actor protagonista nos Premios Mestre Mateo deste ano.
A Consellería de Cultura amosou o seu “lamento” a familiares e amigos, e a Academia Galega do Audiovisual recibiu con “asombro” a noticia da súbita morte do seu asociado. Tamén o programa Luar, do que foi colaborador habitual os venres na TVG, publicou o seu pesar en Twitter: “Pedro Brandariz marchou e non temos palabras para describir o baleiro que deixa”.
Nunca pensamos chegar a vivir un día tan triste.
Hoxe marchou Pedro Brandariz e non temos palabras para describir o baleiro que deixa.
Descansa en paz, compañeiro 😥 pic.twitter.com/Pw1nDPgxSr— Luar TVG (@luartvg) February 22, 2022
Recibimos con estupor a noticia do repentino falecemento do noso asociado Pedro Brandariz, un comediante, como lle gustaba definirse, especialmente querido.
Unímonos ao fondo pesar de todo o sector pola súa perda. Descansa en paz, compañeiro. pic.twitter.com/AkZXNPbO2j
— Academia Galega do Audiovisual (@AcademiaGalegaA) February 22, 2022
⚫️ O Concello da Coruña amosa o seu fondo pesar polo repentino pasamento do cómico e actor Pedro Brandariz. Todo un referente da actuación na cidade.
DEP pic.twitter.com/pk2Cenebhe
— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) February 22, 2022
Vai ser difícil afacerse á ausencia de Pedro Brandariz dos palcos, dos auditorios, dos salóns de actos de tantos centros que percorreu nesta provincia. Mandamos o pesar da @DACCultura e moitos azos á súa familia e amizades. Despedimos un dos mellores cómicos deste país. 🤍 pic.twitter.com/86KbiXL6NK
— Cultura Depu. Coruña (@DACCultura) February 22, 2022
💧 Nos ha dejado el actor Pedro Brandariz, protagonista de JACINTO, la película de #JaviCamino ganadora de la sección Panorama Fantàstic en #Sitges2021
DEP amigo pic.twitter.com/KuFA1VQER7— Sitges Film Festival (@sitgesfestival) February 22, 2022
Consternados polo falecemento do actor Pedro Brandariz. Na última edición do festival estivo por Cans, presentando o avance das imaxes de "Jacinto" de Javi Camino, da que foi protagonista. Unha aperta moi forte a familia e amigos desde Cans. Terrible. DEPhttps://t.co/FqtGpQ9VRS
— Festival de Cans (@festivaldecans) February 22, 2022