in

Camiño Escena Norte abre o prazo de inscrición de espectáculos para o Itinerario Constelacións

Camiño Escena Norte
'Dreaming Juliet , de Elefante Elegante. Imaxe de Cristina Astorgano
Camiño Escena Norte vén de abrir o prazo de inscrición de espectáculos para o Itinerario Constelacións deste ano. As compañías de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi poderán presentar os seus traballos, que poden abranguer diversas linguaxes escénicas, formatos, estéticas e tipos de público e que poderán estar en galego, asturianu, castelán e euskera.
As propostas poderán presentarse ata o día 25 de marzo ás 14.00 horas a través do seguinte formulario.  As datas para a programación oficial, na liña de edicións anteriores, serán do 11 de setembro ao 9 de outubro e, como novidade, neste proceso, introdúcese tamén o selo de calidade “Espectáculo recomendado Camiño Escena Norte” para todas as compañías que resulten preseleccionadas polas comisións profesionais.
Dentro do itinerario, programaranse un mínimo de oito funcións en Galicia, Asturias e Cantabria e de seis funcións no País Vasco. Nel, participarán compañías seleccionadas das catro comunidades autónomas que participan no proxecto, que levarán a cabo un máximo de catro funcións cada unha, e o programa constará dun mínimo de oito espectáculos diferentes.
Camiño Escena Norte é un proxecto promovido polas asociacións Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Principado de Asturias), Acepae (Cantabria) e  Eskena (Euskadi) artellado ao redor dun novo itinerario de intercambio cultural que toma o roteiro histórico do Camiño de Santiago do Norte como referencia para unha intensa programación escénica, expandida ademais nos campos das sinerxías sectoriais, a mediación co público ou a reflexión.

Bases inscrición Itinerario Constelacións

Para máis información, calquera dúbida ou cuestión as compañías interesadas poden escribir ao correo electrónico [email protected]

 


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Paula Carballeira

Un programa especial que inclúe unha trintena de espectáculos conmemora o Día Internacional da Narración Oral

Arte sen guion |

Galeatro estrea ‘Arte sen guión’, o volume 4 do ciclo Clásicas desfeitas